Capítulo 2

1 Polo tanto, rexeitando toda maldade e todo engano, e hipocresías, envexas e toda infamia, 2 desexade coma nenos que acaban de nacer o leite puro da palabra, para que por ela crezades para salvación, 3 se é que xa probachedes a bondade do Señor 4 E vindo a El como a unha pedra viva, que desprezada polos homes, mais escollida e preciosa diante de Deus, 5 tamén vós sede, coma pedras vivas, edificados como casa espiritual para un sacerdocio santo, ofrecendo sacrificios espirituais aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo. 6 Xa que isto está na Escritura: Velaí poño en Sión unha pedra escollida e preciosa, pedra angular , e o que crea nel non será avergoñado 7 Este valor precioso é, entón, para os que credes; mais non para os que non cren, A PEDRA QUE REXEITARON OS CONSTRUCTORES, ESA VEU SER PEDRA ANGULAR, 8 e ,PEDRA DE TROPEZO E ROCHA DE ESCÁNDALO; pois eles tropezan porque son desobedientes á palabra, e para iso estaban destinados 9 Mais vós sodes unha casta escollida, real sacerdocio, nación santa, povo aquirido para posesión de Deus, a fin de que anunciedes as virtudes daquel que vos chamou das tebras á sua luz admirable; 10 xa que vós en outro tempo non erades povo, mais agora sodes o povo de Deus; non recibirades misericordia, mais agora recibistes misericordia 11 Amados, rógovos como a extranxeiros e peregríns que vos absteñades das paixóns carnais que combaten a alma. 12 Mantede unha condicta irreprochable entre os xentís, para que naquilo que vos calumnian como malfeitores, por razón das vosas boas obras, ao considerálas, eles glorifiquen a Deus no día da visitación 13 Por causa do Señor, sometédevos a toda autoridade humana, xa sexa o rei, como autoridade, 14 ou aos gobernadores, como enviados por el para castigo dos malfeitores e gabanza dos que fan o ben. 15 Porque esta é a vontade de Deus: que facendo o ben, fagades calar a ignorancia dos homes desasisados. 16 Andade como homes libres, mais non usedes a liberdade como pretexto para a maldade, senon empregádea como servos de Deus. 17 Dádelle honra a todos, amade aos irmáns, temede a Deus, honrade ao rei. 18 Servos, estade suxeitos aos vosos amos con todo o respeto, non só aos que son bons e afables, senon tamén aos que son intratables. 19 Para que isto teña favor, se debido á conciencia ante Deus, algún atura penalidades sufrindo inxustamente. 20 Pois, que mérito ten se cando pecades e sodes tratados con severidade o soportades con paciencia? Mais cando facedes o ben sufrides por iso e o soportades con paciencia, isto é loable diante de Deus. 21 Porque para este propósito fostes chamados, xa que Cristo sufriu por vos, deixandovos o exemplo para que sigades as suas pegadas, 22 O QUE NON COMETEU PECADO, NEN MENTIRA ALGUNHA SE ACHOU NA SUA BOCA, 23 e quen cando o aldraxaban, non respondía con aldraxes; cando sofría, non ameazaba, senon que se encomendaba a aquel que xulga con xustiza; 24 e el mesmo levou os nosos pecados no seu corpo sobre a cruz, para que morramos ao pecado e vivamos para a xustiza, porque polas suas feridas fostes sandados. 25 Xa que vos andábades descarreirados coma ovellas, mais agora volchistes ao Pastos e Guardian das vosas almas.