1
O quinto anxo tocou a trompeta, e vin unha estrela que caera do ceo á terra, e foille dada a chave do pozo do abismo.
2
Cando abriu o pozo do abismo, subiu fume do pozo coma o fume dun gran forno, e o sol mailo aire escureceron por mor del.
3
E do fume sairon lagostas á terra e foilles dado poder como o poder que teñen os escorpións da terra.
4
Díxoselles que non danaran a herba da terra, nen cousa verde algunha, nen ningunha árbore, senón só ás persoas que non teñen o selo de Deus na fronte.
5
Non se lles permitiu matar a ninguén, senón atormentalos por cinco meses; e o seu tormento era coma o tormento dun escorpión cando fere a unha persoa.
6
Naqueles días as persoas buscarán a morte e non serán que de atopala; e desexarán morrer, e a morte fuxirá deles.
7
O parecer das lagostas era semellante a cabalos preparados para a batalla, e sobre as súas testas tiñan coroas que parecían de ouro, e as súas caras eran coma facianas.
8
Tiñan cabeleiras coma cabeleiras de muller, e os seus dentes eran coma de leóns.
9
Tamén tiñan un peitorís coma peitorís feitos con ferro, e o balbordo das súas ás era coma o balbordo de carros de cabalos que corren á batalla.
10
Tiñan colas semellantes ás dos escorpións, con aguillóns, e o seu poder estaba nas súas colas para danar ás persoas durante cinco meses.
11
Sobre elas teñen por rei ao anxo do abismo, Abadón en hebreo, e Apolión en grego.
12
Pasou o primeiro ai! despois disto aínda veñen dous ai!
1315
O sexto anxo tocou a trompeta, e oín unha voz que saía de entre os catro cornos do altar de ouro diante de Deus,
14
que dicía ao sexto anxo que tiña a trompeta:ceiba aos catro anxos que están atados xunto ao río Eufrates. e foron ceibados os catro anxos que foran preparados para a hora, o día, o mes e o ano, para matar á terceira parte das persoas.
16
O número dos exércitos de a cabalo, douscentos millóns. Eu escoitei seu número.
17
E na visión vin aos cabalos e aos que os montaban, que tiñan peitorís de lume, de zafiro e de xofre. E as testas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e das súas bocas saía lume, fume e xofre.
18
Por estas tres pragas foron mortas a terceira parte das persoas: polo lume, polo fume e polo xofre que saía da boca deles.
19
Pois o poder dos cabalos está na súa boca e nas súas colas; pois as súas colas son semellantes a serpes, que teñen cabezas e danan con elas.
20
E o resto das persoas, os que non foron mortos por estas pragas, tampouco se arrepentiron das obras das súas mans para deixar de adoraren aos demos e aos ídolos de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que non poden ver, nen oír, nen andar;
21
e non se arrepentiron dos seus homicidios, nen das súas bruxerías, nen da súa fornicación, nen dos seus furtos.