1
Vin a outro anxo que descencía do ceo, envolto nunha nube; e o arco iris estaba sobre a súa cabeza, o seu rostro era coma o sol, e os seus pés coma columnas de lume;
2
e tiña na man un pequeno pergamiño aberto; e poñendo o seu pé dereito sobre o mar e o esquerdo sobre a terra;
3
berrou a gran voz, como ruxe o león; e ao berrar, os sete relampos tronaron as súas voces.
4
Cando os sete relampos falaron, estaba a piques de escirbir, cando oín unha voz do ceo que dicía: Sela as cousas que os sete relampos dixeron e non as escribas.
5
E o anxo que vin en pé sobre o mar e a terra, ergueu a súa man dereita ao ceo,
6
e xurou polo que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e as cousas que están nel, e a terra e as cousas que están nela, e o mar e as cousas que están nel, que non habería máis tardanza,
7
senón que nos días da voz do sétimo anxo, cando esté a piques de tocar a trompeta, tamén terá cumprimento o misterio de Deus, como anunciou aos seus servos os profetas.
8
E a voz que oín do ceo falou comigo de novo, e díxome: Vai e toma o pergamiño aberto da man do anxo que estivo en pé sobre o mar e sobre a terra.
9
E achegueime ao anxo, dicíndolle que me dira o pequeno pergamiño. E dime: Toma e devorao; amargarache no interior, pero na túa boca será doce coma o mel.
10
Tomei o pequeno pergamiño da man do anxo, e devoreino; e na miña boca foi doce como o mel; e cando o comín, amargoume por dentro.
11
E me din: é preciso que profetices outra vez sobre moitos pobos, nacións, e linguas e reis.