1
Cando o Año abriu o sétimo selo, houbo silencio no ceo como por media hora.
2
E vin aos sete anxos que están de pé diante de Deus, e lles foron dadas sete trompetas.
3
E chegou outro anxo e parouse diante do altar cun incensario de ouro, e lle deron moito incenso para que o engadira ás oracións de tódolos santos sobre o altar de ouro diante do trono.
4
E o fume do incenso subiu da man do anxo, coas oracións dos santos á presenza de Deus.
5
E o anxo tomou o incensario e encheuno co lume do altar, e botouno á terra; e houbo relampos, e voces, e lóstregos e un terremoto.
6
E os sete anxos que teñen as sete trompetas dispuxéronse a tocalas:
7
o primeiro tocou a trompeta, e houbo saraiba e lume misturados con sangue, e foron lanzados á terra; e queimouse a terceira parte da terra, e a terceira parte das árbores e queimouse toda herba verde.
8
O segundo anxo tocou a trompeta, e veuse sobre o mar coma una gran montaña ardendo en chamas, e a terceira parte do mar volveuse sangue.
9
E morreu a terceira parte das criaturas que habían no mar, cantas tiñan vida, e a terceira parte dos barcos foron desfeitos.
10
O terceiro anxo tocou a trompeta, e caeu do ceu unha gran estrela, ardendo coma unha tea, e caeu sobre a terceira parte dos ríos e sobre os manantiais das augas.
11
O nome da estrela é Amargura; e a terceira parte das augas volveuse amargura, e moitas das persoas morreron por mor das augas que tornaran amargas.
12
O cuarto anxo tocou a trompeta, e foi ferida a terceira parte do sol, e a terceira parte da lúa, e a terceira parte das estrelas, para que a terceira parte deles escurecera, e o día non resplandecera na súa terceira parte, e así mesmo a noite.
13
E vin e oín unha aguia voando no medio do ceo, que dicía a gran voz: ai, ai, ai, dos que habitan na terra, por mor das outras voces da trompeta dos tres anxos que están a piques de tocar!