Capítulo 8

1 Naqueles días, houbo de novo unha grande multitude que non tíña que comer, Xesús chamou a seus discipulos e díxolles 2 Teño compaixión desta xente, porque levan xa tres días conmigo e non teñen que comer; 3 e se os dispido sen comer as suas casa desmaíarasen no camiño, pois alguns viñeron de lonxe. 4 Os discípulos respondéronlle: ¿onde poderá alguén atopar o suficiente, para fartar de pan a estos aquí no deserto? 5 El preguntóulles:: cantos pans tedes? Eles respostaron, sete. 6 Entón mandou a multitude recostarse no chan e collendo os sete pans, depois de dar grazas, partiunos é dáballos aos discípulos para que os repartiran, e eles déronllos a multitude 7 Tamén tíñan uns poucos peixíños e despois de bendecilos , mandou que tamén os repartiran. 8 Todos comeron e sé fartaron e recolleron do que sobrou dos cachos, sete canastos. 9 Os que comeron eran coma uns catro mil, e despediunos. 10 E subindo de seguido a barca,cos seus discípulos, foi a rexión de Dalmanuta 11 Entón sairon os fariseos e comenzaron a discutir con Él, pedíndolle unha sinal do ceo para poñelo a proba. 12 e sospirando profundamente no seu espírito, dixo: Porque pide sinal esta xeneración? Asegúrovos que non se lle dará ningún sinal a esta xeneración. 13 E deixándoos, embarcouse de novo e foise á outra ribeira. 14 E esquecéronse de traer pan con eles. e non tiñan maís cun pan na barca. 15 E Él ordenoulles dicindo: coidadiño! Gardarbos do fermento dos fariseos e do fermento de Herodes. 16 ( e descutián entre eles que non tíñan pans.) Decatandose Él díxolles: 17 :Por qué discutides que non tedes pan? Aínda non comprendeste nin entendedes? Tendes o corazón duro? 18 Tendo ollos , non vedes? Tendo oidos, non escoitades? Non lembrádes 19 cando partín os cinco pans entre os cinco mil, cantas cestas cheas de cachos recollestes? eles dixeron doce. 21 E cando partín os sete pans entre os catro mil, cantos cestos cheos dos cachos recollestes? Eles dixeron sete. 20 El dixolles: ainda non entendedes? 22 Chegaron a Betsaida, e lle trouxeron aun cego e rogáronlle que o tocara. 23 E tomando da man ao cego, sacouno fora da aldea; e despois de escupirlle nos ollos e poñer as mans sobre él, preguntoulle. Ves algo? 24 E alzando os seus ollos, dixo: vexo aos homes , pero miroos como árbores que camiñan . 25 Entón Xesús puxo outra vez as mans sobre os seus ollos, e el mirou fixamente e foi restaurado;, de tal xeito que miraba todo con claridade e dende lonxe. 26 E mandóuno á sua casa dicindolle: Nin siquera entres na aldea. 27 Saiu Xesús cos seus discípulos cara as aldeas de Cesarea de Filipo; e no camiño preguntou a seus discípulos, dicindolles: Quen din os homes que sou eu? 28 E respondéronlle: Uns Xoán o Bautista, outros, Elías; e outros un dos profetas. 29 El preguntóulles de novo: e vos , quen dicides que son Éu. Respondendp Pedro, díxolle. Tí es o Mesías!. 30 e El advirtiulles severamente que non falaran del. 31 E comezou a ensinarlles que o Fillo do Home tiña que fofrir moiyas cousas e ser rexeitado polos ancians, os principais sacerdotes e os esctibas, e ser morto e despois de tres días resucitar. 32 E lle dicia estas verbas claramente, mais Pedro collendoo aparte comenzou a rifarlle. 33 Entón Él,.reviróuse e ollando cara os seus discípulos reprendeu a Pedro e díxolle: arreda de mín Satanas! pois non tes a mira nas cousas de Deus, senón nas dos homes. 34 E chamando á xente e aos seus discípulos díxolles: ei alguen quere vir comigo, neguese así mesmo colla a súa cruz e sigame. 35 Porque o que queira salvar a súa vida, perderaa , pero quen perda súa vida pola miña causa e a do evanxelio, salvaraa. 36 Pois de qué lle serve a alguén gañar o mundo enteiro sé perde a sua alma.? 37 Pois que dara unha persoa en troques da súa alma? 38 Porque aquel que se avergoñe de min e das miñas palabras nesta xeneración adúltera e pecadora, o F illo do Home tamén se avergoñará de el, cando veña na gloria do seu Paí cos anxos santos..