Capítulo 5

1 E chegaron á outra banda do mar á terra dos Gadarenos, 2 e en canto desembarcou, deseguida saiu ao seu encontro de entre os sepulcros, un home cun espírito inmundo. 3 O home vivia nos sepulcros, e ninguén podía atalo, nin sequera con cadeas. 4 Porqe tiña estado amarrado moitas veces con cadeas e grillóns. e rachaba as cadeas e esnaquizaba os grillons, e ninguén tiña forza para dominalo. 5 E sempre, noite e día, andaba entre os túmulos e nos montes berrando e ferindose con pedras afiladas. 6 Cando mirou a Xesus de lonxe, correu e axionllouse diante del. 7 El berrou a grande voz: "Qué teño eu que ver contigo Xesús , Fillo de Deus Altisimo? Conxúrote por Deus que non me atormentes! 8 Pois El dxéralle: sai deste home, espírito inmundo! 9 E preguntoulle: Como te chamas? El díxolle: chamome lexión porque somos moitos. 10 E rogáballe unha e outra vez que non o mandara fora da rexión. 11 E había alí unha manada grande de porcos pacendo xunto o monte. 12 é os demos rogáronlle: mandanos cos porcos; e deixanos entrar neles. 13 El deulles permiso, e saliron os espíritos inmundos e entraron nos porcos, e a manada (uns dous mil) correu monte abaixo cara o mar e afogaron. 14 E os que coidaban os porcos fuxiron e contaronon o que pasou na cidade e no campo, e viñeron a ver o que sucedera. 15 Ao chegaren onda Xesús e ver o endeminiado (aquel que estivera posuido por unha lexión), sentado, vestido e no seu sano xuivio, colleron medo. 16 E os que viron o que lle sucedera ao home endemoniado e ós porcos, contarono . 17 Entón comezaron a rogarlle que se retirara daquel lugar. 18 E cando estaba subindo a barca, o home que estivera endemoniado rogáballe que lle permitise estar con Él. 19 Pero non llo permitiu, senón que lle dixo: vai á túa casa e a tua xente, e dilles as grandes cousas que o Señor fixo por ti, e a grande misericordia que tivo por ti. 20 Entón foise e proclamou as grandes cousas que Xesús fixo por el en Decçaòlis , e todos ficaban pasmados. 22 Pasando de novo Xesús á outra orilla, xuntouse unha garnde multitude arredor del, e estaba xunto o mar. 21 Chegou un dos principais da sinagoga, chamado Xairo, e o velo, caiu a seus pes, 23 suplicándolle unha e outra vez dicindo: a miña filla está a morrer. ven! Pon as mans sobre ela para que sexa sandada e poda vivir! 24 Entón foi con el e unha garnde multitude seguíao e apertábao. 25 E unha mluler que sofria fluxo de sangue dende facía doce anos, 26 e qe tiña moito a mans de moitos médicos, gastando todo canto tiña sen ter ningunha mellora, mais ben empeoraba. 27 Cando escoitou falar de Xesús. achegouse por detras del entre a multitude e tocoulle o seu manto. 28 dicindo para sí: sé tan so toco a sua roupa vou a ser sandada 29 No mesmo momento, a fonte de seu sangue secouse e ela sintíu no seu corpo que tiña sido sandada daquela aflicción. 30 Axiña Xesús douse conta de que tiña saido poder do seu interior, e virandose cara a xente preguntou: Quen tocou a miña roupa? 31 os seus discípolos dixeronlle; Ves á multitude apertándote e pretuntas quen me tocou?. 32 Pero Xesús miraba arredoir para ver á muller que .tiña feito iso. 33 Entón a muller, temendo e tremendo (recoñecendo o que lle pasara), veu e postróuse diante del, e díxolle toda a verdade.. 34 Entón Él díxolle: Filla, a túa fe salvoute, vai en paz e queda sanda da túa enfermedade. Vai en Paz e curada da tua doenza. 35 Ainda estaba el falando cando chegaron da casa do principal da sinagoga dicindo: A tua filla morreu, por qué molestas ainda mais ao Mestre? 36 Pero cando Xesús escoitou o que estaban a falar díxolle ao priincipal da sinagoga: non teñas medo, so sigue crendo. 37 E non permitiu que ninguén o acompañara agas Pedro, Xacobe, e Xoán, irmán de Xacobe, 38 Eles chegaron á casa do principal da sinagoga e vendo o gran barillo que facían os que choraban e berrabam, 39 entrou e díxolles: por qué facedes tanto barullo e a qué ven tanto chorar? A nena non está morta, senon que está a dormir. 40 e burlábanse del, pero botando a todos fora, levou consigo ao pai da nena, a naie e aos que estaban con él e entrou onde estaba a nena. 42 E tomando pola man ánena, díxolle."Talita cum! que quer dicir: Nena erguete! 41 Decontado a nena ergueuse e camiñou, pois tiña doce anos. E quedaron abraiados con grande asombro. 43 E Él ordenoullessoupera disto e dun xeito severo e mais dunha vez que ninguén soupera o que tpasara, e pedíulles que se lle dera de comer á nena. .