Capítulo 4

1 Escomenzou a insenar de novo ao caron do mar. Unha grande multitude xuntouse aredor dél, entón El subiu a un bote questaba no mar, e sentouse: E toda a multitude estaba en terra a veira do mar. 2 El lles ensinaba moitas cousas en parábolas, El dicíalles na sua ensinanza 3 . Oíde, o sementadorr saíu a sementar 4 Mentres sementaba, algúnhas sementes cairon no camiño, e viñeron os páxaros é coméronas. 5 Outra parte caeu nas pedras onde non había moita terra, e por non ter profundidade na terra, deseguido brotou. 6 . Pero cando saíu o sol, quemouse e por non ter raiz secouse. 7 Outra caeu no medio de espiños. Os espiños creceron é afogaron a semente é non deu ningún froito. 8 . Outras sementes cairon en terra boa e medraron e desarolaron e deron froitu unhas a trinta, algures a sesenta e outras a cento veces por un. 9 Él dixo: " Quen teña ouidos para escoitar que escoite. 10 Cando Xesús estivo so, os que estaban pretro del e os doce, preguntáronlle sobre as parábolas. 11 Él dixo: a vos foivos dado o misterio do reino de Deus . Pero os de fora receben todo en parábolas 12 De tal xeito que miran, e non están a perceber, oien e non comprenden para se converteren e seren perdoados. 13 E díxolles: Non entendedes esta parábola?Entón como vades a comprender todas as parábolas? 14 O sementador sementa a palabra, 15 Os de xunto ao camiño son aqueles onde se sementou a palabra pero, cando a oiron, deseguida ven Satanas e quítalles a palabra que foi sementada. 16 Os que foron sementados no terreo pedrizo son os que escoitando a palabra deseguida recibirona con ledicia, 17 pero non teñen raíz en si mesmos, son temporais, e cando chega a tribulación ou a persecución por mor da palabra, deseguido tropezan. 18 E outros son os sementados entre espiños. Estes oíron a palabra. 19 pero as preocupacions do mundo. o engano das riquezas e os desexos doutras cousas entran e sofocan a palabra e chega a facerse estéril. 20 Mais os que foron sementados na boa terra, son aqueles que escoitan a palabra e a receben, e dan froito, un a trinta, e outro a sesenta, e outro a cen veces o que foi sementado. 21 Xesús lle dixo: Por acaso levades unha lámpara para poñela debaixo dun cesto ou debaixo da cama? Non é para poñela arriba do candeiro? 22 Pois nada está agachado, que non sexa descuberto, nin nada se fixo en segredo, que non sala á luz. 23 Si algún ten oídos para oír, que escoite, 24 E díxolles: poñede atención no que escoitades, pois coa medida con que medides hásevos medir, e ainda máis vos engadirán, 25 porque ao que ten, daráselle mais , e ao que non ten hanlle quitar ainda o que ten. 26 Dicia tamén o reina de Deus e coma un home que sementou semente na terra. 27 Durme e esperta noite e día , é a semente agroma é medra, sen que chegue a saber como. 28 A terra produce froitos por si, primeiro herba, logo a mazorca, logo o gran maduro nas espigas. 29 E cando o gran está maduro, deseguida saca a fouce porque chegou a colleita. 30 Tamén dixo: con que se pode comparar o reino de Deus e que parábola podemos por para explicalo? 31 É coma un gran de mostaza, que cando se sementado na terra é a maís pequena de todas as semnetes. 32 Porén cando se sementa medra maís ca rodas as hortalizas, chegando a botar unhas ponlas tan grandes que as aves do ceo poidan facer os seus niños baixo a súa sonbra 33 e cmoitas prábolas coma éstas faláballes a palabra, según podían comprendela. 34 E non lles falaba sen parábola , ainda que aos seus propios discípulos explicáballes todo en privado. 35 A tardiña dese mesmo día, díxolles: Imos á outra banda" 36 E despedindo á multitude, levárono na barca tal como estaba, e había alí outros botes 37 Pero formouse unha violenta treboada e as ondas rachaban dentro da barca ata o punto que a anegaba de auga. 38 Él estaba na popa, durmindo enriba dun cabezal. E o espertaron dicindo: Mestre, non che importa que esteámos a piques de morrer? 39 El espertou , e reprendeu ao vento e dixo ao mar: Silencio!, Acouga! E os ventos sosegárnose e oubo unha calma total. 40 Entón díxolles: por qué tendes medo? Ainda non tedes fe? 41 Eles estában cheos de medo e dician entre si: quén e éste, que ainda os ventos e o mar obedéceno?