Capítulo 14

1 Faltaban dous días para a Pascua e para a festa dos pans sen fermento; e os principais sacerdotes e escribas procuraban como prenderlo con enganos e matalo; 2 pero dicían: "Non durante a festa, non sexa que se poda armar un rebumbio no medio do pobo." 3 E estando El en Betania, sentado á mesa en casa de Simón o gafo veu unha muller cun frasco de alabastro de perfume de nardo puro; ,oi caro, e rachou o frasco e derramándoo sobre a cabeza de Xesús. 4 Algúns estaban indignados e dicíanse uns aos outros: "Para que se fixo este estrago de perfume? 5 Porque este perfume podía venderse por máis de trescentos denarios, e repartirlle os cartos aos pobres. E reprendíana duramente. 6 Pero Xesús dixo: Deixádea; por que a molestades? Boa obra fixo comigo. 7 Porque aos pobres téndelos smpre convosco; e cando queirades poderédeslles facer ben; pero a min non me ides a ter sempre. 8 Ela fixo o que puido; adiantouse a unxir o meu corpo para a sepultura. 9 Asegúrovos que onde queira que se anuncie o evanxeo no mundo enteiro, falarase do que ela fixo, para honra súa. 10 Entón Xudas Iscariote, que era un dos doce, foi aos principais sacerdotes para lles entregar a Xesús. 11 Cando eles oírono, alegráronse e prometeron darlle cartos. E el procuraba o momento axeitado para entregalo. 12 O primeiro día da festa dos pans sen fermento, cando se sacrificaba o cordeiro da Pascua, os seus discípulos preguntáronlle: "Onde queres que vaiamos e fagamos os preparativos para que comas a Pascua?" 13 El mandou a dous dos seus discípulos, e díxolles: "Ide á cidade, e alí sairavos ao paso un home que leva un balde de auga; seguídeo; 14 e onde el entre, dicidelle ao dono da casa: «O Mestre di: “Onde está a miña habitación na que poida comer a Pascua cos meus discípulos?” ». 15 E el mostraravos un gran apousento alto, amoblado e arranxado; facede os preparativos para nós alí. 16 Saíron, pois, os discípulos e chegando á cidade, atoparon todo tal como El lles dixera; e prepararon a Pascua. 17 Á tardiña chegou El cos doce. 18 E estando reclinados á mesa comendo, Xesús dixo: "Asegúrovos que un de vós, que está comendo comigo, vaime entregar. 19 Eles comezaron a entristecerse e a dicirlle un por un: Seica son eu? 20 E El díxolles: É un dos doce, o que molla comigo no prato. 21 Porque o Fillo do Home vaise tal e como está escrito del pero, ai daquel home por quen o Fillo do Home ha ser entregado! Mais lle valera a ese home non nacer!. 22 E mentres estaban a comer, tomou pan, e bendicíndoo partiuno, deullelo, dicindo: "Tomade, isto é o meu corpo." 23 E tomando unha copa, despois de dar grazas, deulla a eles, e todos beberon dela. 24 E díxolles: "Isto é o meu sangue do novo pacto, derramada por moitos. 25 Asegúrovos que: xa non beberei máis do froito da vide ata aquel día cando o beba novo no reino de Deus. 26 Despois de cantar un himno, saíron para o monte das Oliveiras. 27 E Xesús díxolles: "Todos vós afastarédesvos porque escrito está: «Ferirei ao pastor, e as ovellas espallaranse». 28 Pero despois de que eu resucitase, irei diante de vós a Galilea." 29 Entón Pedro díxolle: "Aínda que todos se afasten, eu, con todo, non o farei." 30 Xesús respondeulle: "Dígoche de verdade que ti, hoxe, esta mesma noite, antes que o galo cante dúas veces, hasme negar tres. 31 Pero Pedro porfiaba con el e repetía: "Aínda que teña que morrer contigo, non che negarei." E o mesmo dicían todos. 32 E chegaron a un lugar que chamado Getsemaní, e díxolles aos seus discípulos: "Sentade aqui que eu vou a orar". 33 E levando consigo a Pedro, a Xacobo e a Xoán, e comezou a aflixirse e a agoniarse moito. 34 E díxolles: "A miña alma está moi aflixida, morro de tristura; quedade aquí e visiade." 35 Adiantándose un pouco, prostrouse no chan orando para que, se fose posible, pasase del aquela hora. 36 E dicía: Abba, Pai! Para ti todas as cousas son posibles; arreda de min esta copa, pero non se faga o que eu quero, senón o que queres ti.. 37 Entón veu onda eles e atopounos durmindo, e dixolle a Pedro: Simón, dormes? Seica non puideches velar nin tan sequera unha hora? 38 Estade atentos e orade para que non entredes en tentación; o espírito está disposto, pero a carne é débil. 39 Foise outra vez e orou, dicindo as mesmas palabras. 40 E veu de novo e achounos durmindo, porque caíanlle os ollos co soño; e non sabían que responderlle. 41 Veu por terceira vez, e díxolles: "Aínda estades a durmir e descansando? Xa abonda; chegou a hora; veña!, o Fillo do Home é entregado en mans dos pecadores. 42 Érguédevos, mirade, está preto o que me entrega. 43 Nese momento, estando ainda a falar, chegou Xudas, un dos doce, acompañado dunha multitude con espadas e paos, mandadas polos principais sacerdotes, escribas e anciáns. 44 E o que o traidor déralles un sinal, dicindo: "Ao que eu bique, ese é; prendédeo e levádeo con seguridade." 45 E así que chegou, iacercouse a El dicindo: Mestre! E bicouno aparatosamente. 46 Entón eles botáronlle man e prendérono. 47 Pero un dos que estaban alí, sacando a espada, feriu ao servo do sumo sacerdote rabanándolle unha orella. 48 E dirixíndose Xesús a eles, díxolles: "Saístes con espadas e paos para prenderme coma se fose un bandido?" 49 Cada día estaba convosco no templo ensinando, e non me prendestes; pero isto sucedeu para que se cumpran as Escrituras. 50 E todos fuxiron abandonándoo, 51 Certo mozo seguíao, envolto cunha saba sobre o seu corpo; e prendérono; 52 pero el, deixando a saba, fuxiu espido. 53 E levaron a Xesús ao sumo sacerdote; e xuntáronse todos os principais sacerdotes, os anciáns e os escrIbas. 54 Pedro seguiuno de lonxe ata dentro do patio do sumo sacerdote; e sentouse alí cos alguacís, quentándose ao lume. 55 E os principais sacerdotes e todo o concilio, procuraban algunha testemuña contra Xesús para darlle morte, pero non a atopaban. 56 Porque moitos daban falso testemuño contra El, e os seus testemuños non coincidían. 57 E algúns, levantándose, daban falso testemuño contra El, dicindo: 58 Nós oímoslle dicir: «Eu destruirei este templo feito por mans, e en tres días edificarei outro non feito por mans». 59 pero nin ainda así coincidía a testemuña deles. 60 Entón erguéndose o sumo sacerdote, púxose en medio e preguntou a Xesús, dicindo: "Non respondes nada? Qué é o que testemulan contra ti?" 61 Mais El calaba e nada respondía. Volveu preguntar o sumo sacerdote, dicíndolle:" Es ti o Mesías, o Fillo do Bendito?" 62 Xesús dixo: Eu son; e veredes ao Fillo do Home sentado á dereita do Poder e vindo entre as nubes do ceo. 63 Daquela o sumo sacerdote, rachando as súa roupa, dixo: "Que necesidade temos de máis testemuñas? 64 Oístes a blasfemia; que vos parece?" E todos o declaraon culpable, dicindo que merecía a morte. 65 E comezaron algúns a cuspirlle, a tapándolle a cara dábanlle labazadas, e a dicindo: "Profetiza!" E os alguacís tamén mallaban nel. 66 Estando Pedro abaixo no patio, chegou unha das criadas do sumo sacerdote, 67 e ao ver a Pedro quentándose, mirouno e dixo: "Ti tamén andabas con Xesús o Nazareno." 68 Pero el negouno, dicindo: Nin sei, nin entendo de que falas. E saíu ao portal, e cantou o galo. 69 Cando a criada volveuno a ver outra vez, comezou a dicir aos que estaban alí: "Este évos un deles." 70 Pero el negouno outra vez. E pouco despois os que estaban alí volveron dicirlle a Pedro: Seguro que ti es un deles, pois tamén es galileo. 71 Pero el comezou a maldicir e a xurar: Eu non coñezo a este home de quen falas! 72 Ao instante un galo cantou por segunda vez. Entón Pedro lembrou o que Xesús lle dixera: "Antes que o galo cante dúas veces, hasme negar tres veces." E sañindo para fora botouse a chorar.