Marcos 13

1 Cando saía do templo, díxolle un dos seus discípulos: Mestre, mira que pedras e que edificios! 2 E Xesús respondeu: Ves estes grandes edificios? Non quedará pedra sobre pedra que non sexa derrubada. 3 3E estando El sentado no monte das Oliveiras, en fronte do templo, Pedro, Xacobe, Xoán e Andrés preguntábanlle en privado: 4 Dinos, cando acontecerá isto, e que sinal haberá de que estas cousas han se de cumplir? 5 Entón Xesús comezou a dicir: Ollade que ninguén vos engane. 6 Moitos virán dicindo no meu nome: «Eu son o Mesías», e enganarán a moita xente. 7 E cando oiades de guerras e de rumores de guerras, non vos alarmedes; é preciso que todo iso aconteza, pero aínda non é o fin. 8 Ergueráse nación contra nación, e reino contra reino; e haberá terremotos en diversos lugares; e haberá fame. Isto será só o comezo de dores. 9 Pero estade alerta; porque vos entregarán aos tribunais e seredes azoutados nas sinagogas, e hanvos levar diante de gobernadores e reis pola miña causa, para testemuño a eles. 10 Pero primeiro o evanxeo debe ser anunciado a todas as nacións. 11 E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir, senón falade o que vos sexa dado naquela hora; porque non seredes vós os que faledes, senón o Espírito Santo. 12 E o irmán entregará á morte ao seu irmán, e o pai ao fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte. 13 E seredes aborrecidos por todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar. 14 Mais cando vexades a abominación da desolación posta onde non debe estar (o que lea, que entenda), entón os que estean en Xudea fuxan aos montes; 15 quen estea na azotea, non baixe a casa nin para coller cousa ningunha; 16 e quen estea no campo, non volva atrás a tomar o seu manto.. 17 Ai das que estean embarazadas e das que estean a criar naqueles días! 18 Orade para que isto non suceda no inverno. 19 Porque van ser días de angustia, tal como non aconteceu dende o principio do mundo que Deus creou ata o de agora, nin acontecerá xamais. 20 E se o Señor non acurtase eses días, ninguén se salvaría; pero por causa dos elixidos que El elixiu, acurtou aqueles días. 21 Se entón, algún vos di: «Mirade, aquí está o Mesías», ou: «Mirade, alí está», non lle creades. 22 Porque se levantarán falsos mesías e falsos profetas, e amosarán sinais e prodixios a fin de desencamiñar, se fose posible, aos elixidos. 23 Mais vós, estade atentos; vede que volo dixen todo de antemán. 24 Naqueles días, despois desa tribulación, o sol hase escurecer a lúa deixará de alumear, 25 as estrelas caerán do ceo e as potencias que están nos ceos serán sacudidas. 26 Entón verán ao Fillo do Home que vén nas nubes con gran poder e gloria. 27 E mandará aos anxos, e reunirá aos seus elixidos dos catro ventos, do cabo da terra ata o cabo do ceo. 28 Da figueira aprendede a parábola: cando se pon tenra a rama e bota as folla, sabedes que o verán está preto. 29 Así tamén vós, cando vexades que suceden estas cousas, sabede que El está preto, á porta. 30 En verdade dígovos que non pasará esta xeración ata que todo isto suceda. 31 O ceo e maila terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán. 32 Pero en canto ao día e maila hora ninguén sabe, nin os anxos no ceo, nin o Fillo, senón só o Pai. 33 Estade alerta, vixiade; porque non sabedes cando chegará a hora. 34 É como un home que se foi de viaxe, e ao saír da súa casa deulle autoridade os seus servos, encargándolle a cada un o seu traballo, e ordenándolle ao porteiro que estivese en vela. 35 Vixiade, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o señor da casa, se á tardiña, ou á medianoite, ou ao canto do galo, ou no mencer; 36 non sexa que veña de súpeto e vos atope durmindo 37 E o que vos digo a vos, tamén llelo digo a todos: Vixiade!: