1
Entón comezou a falarlles en parábolas: Un home plantou unha viña e rodeouna cun valado, cavou nela un encoro debaixo do lagar e construiu unha torre. Logo arrendouna a uns labregos e foise de viaxe.
2
Ao tempo da vendima mandou un servo aos labregos para recibir deles a súa parte dos froitos da viña.
3
Pero eles, botándolle man, zorregáronlle e ,mandárono coas mans baleiras.
4
De novo mandoulles outro servo, e a el ferírono na cabeza e aldraxárono.
5
Mandou a outro e matárono, e a outros moitos, mallaron neles e matáronos. .
6
Aínda lle quedaba un, a quen mandar, ao seu fillo benquerido, cavilando: «Han respectar ao meu fillo».
7
Pero aqueles labregos dixéronse entre si: «Este é o herdeiro; vide, matémolo, e a herdanza será nosa!»
8
E agarrárono, matárono e botárono fóra da viña.
9
Que fará, entón, o dono da viña? Virá e destruirá aos labregos, e dará a viña a outros.
10
Seica non lestes na Escritura: «A pedra que desbotaron os canteiros, en pedra angular converteuse;
11
esa foi colocada polo Señor, e é marabillosa aos nosos ollos»?
12
E procuraban prendelo, porque comprenderon que a parábola ía contra deles; pero por medo á xente deixárono e fóronse.
13
Mais tarde mandáronlle algúns dos fariseos e dos herodianos para o pillaren nalgunha palabra.
14
E cando chegaron onda el preguntáronlle: Mestre, sabemos que es auténtico e que non procuras o favor de ninguén, porque non andas con miramentos, e ensinas o verdadeiro camiño de Deus- É lexítimo pagarlle a contribución ao César, ou non?
15
Pagámoslla ou non lla pagamos? Pero El, decatándose da súa hipocrisía, díxolles: Por que me queredes comprometer? Traédeme un denario para velo.
16
Trouxéronllo, e El preguntóulles: De quen é esta imaxe e a inscrición? E eles dixéronlle: Do César.
17
Entón Xesús replicoulles: Dadelle ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus. E marabilláronse del.
18
Chegaron algúns saduceos (os que din que non hai resurrección), e preguntábanlle:
19
Mestre, Moisés deixounos escrito: Se o irmán dalgún morre e deixa muller e non deixa fillo, que o seu irmán tome a muller e levante descendencia ao seu irmán.
20
Houbo sete irmáns; e o primeiro tomou esposa, e morreu sen fillos.
21
E o segundo tomouna, e morreu sen fillos tamén; e así mesmo o terceiro;
22
Ningún dos sete deixou descendencia. Para rematar morreu tamén a muller.
23
Cando resuciten, de cal deles vai ser a muller? Pois os sete casaron con ela.
24
Xesús respondeulles: Non vos decatades de que andades descamiñados porqiue non comprendedes nin as Escrituras nin o poder de Deus?
25
Pois cando resuciten de entre os mortos, nin casarán nin serán dados en casamento, senón que serán como os anxos nos ceos.
26
, e volvendo o feito de que os mortos resucitan, non lestes no libro de Moisés, na pasaxe sobre a silveira ardendo, como Deus lle falou, dicindo: «Eu son o Deus de Abraham, e o Deus de Isaac, e o Deus de Xacob»?
27
El non é Deus de mortos, senón de vivos; vós estades moi equivocados.
28
Achegouse un dos escrivas que ouvira a discusión, e decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle: Cal mandamento é o máis importante de todos?
29
Xesús respondeulle: O máis importante é: «Escoita, Israel; o Señor é o noso Deus, o Señor é único;
30
e amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e con toda a túa alma, e con toda a túa mente, e con todas as túas forzas».
31
O segundo é este: «Amarás ao teu próximo como a ti mesmo». Non hai outro mandamento maior ca estes.
32
E o escriba replicou: Moi ben, Mestre; estás no cerrto cando dis que El é un, e non hai outro ademais del;
33
e que amalo con todo o corazón e con todo o entendemento e con todas as forzas, e amar ao próximo como a un mesmo, é máis que todos os holocaustos e os sacrificios.
34
Xesús. vendo que respondera sabiamente, díxolle: Non estás lonxe do reino de Deus. E despois diso, ninguén se aventuraba a facerlle máis preguntas.
35
E tomando a palabra, Xesús preguntoulles estando no templo: Por que din os escribas que o Mesías é fillo de David?
36
David mesmo dixo polo Espírito Santo: «Díxolle o Señor ao meu Señor:“ Senta á miña dereita, ata que poña aos teus inimigos debaixo dos teus pés” ».
37
Se David mesmo o chama «Señor». En que sentido é, o seu fillo? E a numerosa multitude escoitábao con pracer.
38
E ensinándolles dicía: Coidádevos dos escribas, a quen lles gusta pasear con vestidos fachendosos, e aman que lles fagan reverencias nas prazas,
39
procuran os primeiros asentos nas sinagogas e os lugares de honra nos banquetes;
40
pero devoran as casas das viúvas, e polas aparencias fan longas oracións. Éstes recibirán maior condenación.
41
E sentado fronte ao arca do tesouro, ollaba como a multitude botaba cartos no arca do tesouro; e moitos ricos botaban grandes cantidades.
42
E nisto chegou unha viúva pobre e botou dúas pequenas moedas de cobre ou sexa, un cuadrante.
43
Entón chamou aos seus discípulos e díxolles: Asegúrovos que esta viúva pobriña botou máis que todos os contribuíntes ao arca das ofrendas;
44
pois todos eles botaron do que lles sobraba, pero ela na súa pobreza botou todo o que posuía, todo o que tiña para vivir.