Capítulo 10

1 Saíndo de alí, Xesús marchou cara Xudea máis aló do río Xordán, e xuntábanse moreas de persoas arredor del, e unha vez máis lles ensinaba como de costume. 2 E achegáronselle os fariseos preguntándolle se lle era lícito a un home divorciarse da súa muller para poñelo a proba. 3 E respondendo El, díxolles: que vos mandou Moisés? 4 Eles dixeron: Moisés permitiu que escribira carta de divorcio e repudiala despois. 6 Pero Xesús díxolles: Pola dureza do voso corazón foi que vos escribiu este mandamento. 5 Pero dende o principio da creación fíxoos home e muller. 7 Por conta disto o home deixará a seu pai e a súa nai, 8 e serán os dous unha soa carne, de xeito que xa non son dous %ver si por masc ou fem%, senón unha soa carne. 9 Daquela, que ningunha persoa separe o que Deus colocou baixo un mesmo xugo. 10 De volta na casa, os discípulos preguntaron outra vez sobre isto. 11 E díxolles: calquera que repudie á súa muller, e case con outra, comete adulterio con ela; 12 e se ela repudia ao seu home, e casa con outro, está a cometer adulterio. 13 E traíanlle aos meniños para que os tocara, e os discípulos berráronlles. 14 Pero cando viu Xesús isto, indignouse e díxolles: deixade que os meniños veñan a mín, e non llelo impidades, porque dos que son coma estos é o reino de Deus. 15 Asegúrovos que o que non reciba o reino de Deus coma un meniño, non ha entrar nel. 16 E abrazándoos, bendicíaos, poñendo as mans sobre eles. 17 E no momento que se puso a camiño, achegouse un ás carreiras e axeonllándose diante de El, preguntoulle: Mestre bo, que farei para herdar a vida eterna? 18 E díxolle Xesús: por que me chamas bo? Ninguén é bo agás só un, Deus. 19 Ti sábelos mandamentos: "non mates, non cometas adulterio, non roubes, non des falso testemuño, non enganes, honra a teu pai e a túa nai". 20 E el díxolle: Mestre, veño gardando iso dende novo. 21 Xesús, mirándoo, amouno e díxolle: fáltache unha cousa: vai e vende canto tés e dállelo aos pobre, e teras tesouro no ceo; e ven, sígueme. 22 Mais el, apesarado por estas palabras, foise triste, porque tiña moitos bens. 23 Xesús, mirando arredor seu, dixo aos seus discípulos: que dificilmente lles será aos que teñen riquezas entrar no reino de Deus! 24 E os discípulos quedaron perplexos coas súas palabras. 25 Pero Xesús, respondendo outra vez, díxolles: Fillos, que difícil é entrar no reino de Deus! É mais doado que un camelo pase polo ollo da agulla, que a que un rico entre no reino de Deus. 26 Pero eles asombráronse ainda mais, dicindo entre sí: e quen poderá salvarse? 27 Ollando para eles, Xesús dixo: é imposible para as persoas, pero non para Deus, porque para Deus tódalas cousas son posibles. 28 Daquela Pedro comezou a dicirlle: velaquí, nós largámolo todo e seguímoste. 29 Xesús dixo: dígovos en verdade: non hai ninguén que deixando casa, ou irmáns, ou irmás, ou nai, ou pai, ou fillos ou terras pola miña causa e por mor do evanxeo, 30 que non reciba cen veces máis agora neste tempo: casas, e irmáns, e irmás, e nais, e fillos, e terras xunto con persecucións; e no vindeiro século, a vida eterna. 31 Pero moitos primeiros serán últimos, e os últimos, primeiros. 32 Ían subindo camiño a Xerusalén, e Xesús diante deles; e eles estaban abraiados, e seguíano con respecto e xuntando canda El aos doce outra vez, comezou a dicirlles o que ía acontecer: 33 velaquí subimos a Xerusalén e o Fillo do Home ha ser entregado aos principais sacerdotes e aos escribas, e o condenarán a morte e entregarano aos xentís. 34 E mofaranse de El e cuspiranlle, azoutarano e matarano, pero logo de tres días resucitará. 35 E achegáronse a El Xacobe e Xoán, os fillos de Zebedeo dicíndolle: mestres, queremos que fagas por nós o que che pidamos. 36 E El díxolles: que queredes que vos faga? 37 Eles dixéronlle: dános que na túa gloria nos sentemos un á túa dereita e o outro á túa esquerda. 38 Pero Xesús díxolles: non sabedes o que estades a pedir. Podedes beber a copa que Eu bebo, ou ser bautizados co bautismo que Eu son bautizado? 39 E eles dixéronlle: podemos. E Xesús díxolles: a copa que Eu bebo, beberedes; e seredes bautizados co bautismo co que son bautizado. 40 Pero que vos sentedes á miña dereita ou á miña esquerda, non é de meu concedelo, senón que é para quen foi preparado. 41 Ao escoitaren isto, os dez comezaron a indignarse contra Xacobe e Xoán. 42 E chamándoos onda El, díxolles Xesús: sabedes que os que son recoñecidos como gobernantes das nacións enseñoréanse delas, e que os seus poderosos asoballanas exercendo a autoridade sobre elas. 43 Pero non é así entre vosoutros, senón que quen dexese chegar a ser grande entre vós, será o voso servidor, 44 e o que queira ser primeiro entre vosoutros, será escravo de todos, 45 porque nen o Fillo do Home veu para ser servido, senón para servir, e dar a súa vida en rescate por moitos. 46 Daquela chegaron a Xericó. E cando saía de Xericó cos seus discípulos e unha grande multitude, un mendigo cego de nome Bartimeo, fillo de timeo, ficaba sentado á beira do camiño. 47 E cando escoitou que era Xesús o Nazareno, comezou a berrar e a dicir: Xesús, fillo de David, ten misericordia de min! 48 E moitos o reprendían para que calara, pero el berraba aínda máis: fillo de David, ten misericordia de min! 49 Detívose Xesús e dixo: Chamádeo. E chamaron ao cego, dicíndolle: anímate! Érguete, está a chamar por ti. 50 Daquela el, desbotando o seu manto, púxose en pé nun brinco e foi cara Xesús. 51 Dirixíndose Xesús a el, díxolle: que queres que faga por ti? e díxolle o cego: Mestre, que vexa de novo. 52 E Xesús díxolle: Vaite, sanaches pola túa fe. E de súpeto recobrou a vista, e seguíao polo camiño.