Capítulo 9

1 Porque, agora ben, está de máis que vos escriba no tocante á axuda para o servizo dos santos; 2 pois sei da vosa disposición, da que me glorío por vosoutros diante dos macedonios; porque Acaia ven preparándose dende o ano pasado, e o voso exemplo animou á maioría deles. 3 Pero enviei aos irmáns para que o noso alarde de vós non sea feito en van, a fin de que , como dicía, esteades preparados; 4 non sexa que vaian algúns macedonios comigo e vos atopen desprevidos, e sexamos nós (por non dicir vós) avergoñados por esta confianza. 5 Así que crin necesario exhortar aos irmáns a que se adiantaran en ir a vós, e prepararan de antemán a vosa xenerosa ofrenda, prometida hai tempo, para que a mesma estivera lista coma bendición, e non por cobiza. 6 Pero digo isto: O que escasamente sementa, tamén colleitará escasamente; e o que sementa en abundacia, tamán colleitará abundantemente. 7 Que cada un dea como propuxo no seu corazón, non de mala gana nen por obriga, porque Deus ama ao que da con alegría. 8 E Deus pode facer que abunde toda graza para vosoutros, a fin de que, tendo sempre todo o suficiente en tódalas cousas, abundedes para toda boa obra; 9 como está escrito: el repartiu, deu aos pobres; a súa xustiza permanece para sempre. 10 E o que lle suministra a semente ao sembrador e pan para o seu alimento, proveerá e multiplicará a vosa sementeira e aumentará a colleita da vosa xustiza; 11 sendo enriquecidos en todo para toda xenerosidade, producindo en nós acción de grazas a Deus. 12 13 14 15 Porque o ministerio deste servizo, non só suple abondosamente as necesidades dos santos, senón que tamén sobreabunda en accións de grazas a Deus; pois pola experiencia desta axuda, eles glorifican a Deus pola obediencia que profesades ao evanxeo de Cristo, e pola xenerosidade desta axuda para eles e para todos; namentres eles orarán por vós con moito agarimo por mor da sobreabundante graza de Deus en vosoutros. Grazas a Deus polo seu regalo inefable!