Capítulo 8

1 Agora be, irmáns, queremos facervos saber a graza de Deus que foi dada nas igrexas de Macedonia; 2 pois no medio da aflicción coa que foron probados, a abundancia do seu gozo e a súa extrema pobreza abundaron na riqueza da súa xenerosidade. 3 Porque eu testifico que espontáneamente deron segundo a súa capacidade, e aínda por riba dela, 4 pregándonos que lles concederamos o privilexio de participar neste servicio aos santos; 5 e máis aló do que esperabamos, senón que se deron a sí mesmos primeiramente ao Señor, e a nós pola vontade de Deus. 6 Así que animamos a Tito, que como el xa comezara antes, así tamén levara a cabo en vós esta obra de graza. 7 Mais así coma vós abundades en todo: en fe, en palabra, en coñecemento, en toda solicitude, e no amor que inspiramos en vosoutros, abundade tamén nesta graza. 8 Non volo digo como mandamento, senón para poñer a proba a sinceridade do voso amor pola solicitude de outros. 9 Porque coñecedes a graza do noso Señor Xesús Cristo, que sendo rico, por amor a vós fixose pobre, para que pola súa pobreza vós chegarades a ricos. 10 E dou a miña opinión nisto, porque vos convén a vós, que comezastes hai un ano, non somentes a facelo, senón a desexar facelo. 11 Agora pois, rematade tamén de facelo; para que como houbo a boa vontade para desexalo, asimesmo tamén para levalo adiante segundo o que teñades. 12 Porque se hai boa vontade, acéptase segundo o que se ten, non polo que non se ten. 13 Non para alivio de uns e e para aflicción vosa, senón para a igualdade; 14 agora a vosa abundancia actual suple a súa necesidade, para que tamén a abundancia deles supla a vosa necesidade, de xeito que exista a igualdade. 15 Como está escrito: o que moito recolleu, non tivo demasiado; e o que pouco recolleu, non tivo escasez. 16 Pero grazas a Deus que pon a mesma solicitude por vosoutros no corazón de Tito. 17 Pois el, non só aceptou o noso reclamo, senón que, sendo ben dilixente de por sí, foi a vós por vontade propia. 18 E enviamos canda el ao irmán de quen a súa alabanza do evanxeo corre por tódalas igrexas; 19 e non só isto, senón que tamén foi designado polas igrexas coma o noso compañeiro de viaxe nesta obra de graza, que é administrada por nós para a gloria do Señor mesmo, e para mostrar a nosa disposición. 20 21 Tendo conta de que ninguén nos descredite nesta xenerosa ofrenda administrada por nós; pois preocupámonos do que é honrado, non só ante os ollos do Señor, senón tamén ante os ollos das persoas. 22 E con eles enviamos ao noso irmán, de quen temos comprobado en moitas ocasións que foi dilixente en moitas cousas, pero que agora é aínda máis dilixente, se cabe, pola gran confianza que ten en vós. 23 No tocante a Tito, é meu compañeiro e colaborador entre vosoutros; no tocante aos nosos irmáns, son mensaxeiros das igrexas e gloria de Cristo. 24 Polo tanto, mostrade nas igrexas a proba do voso amor, e da nosa razón para gloriarnos con respecto a vós