Capítulo 11

1 desexaría que aturásedes un pouco da miña tolería! Aturádeme, veña!. 2 Pois sinto ciumes de vos, os ciumes de Deus porque vos desposei con un so marido para presentarvos como unma virxe pura diante do Mesías. 3 Pero temo que como a serpe enganou a Eva coa súa astucia, do mesmo xeito sexan desvidaos os vosos pensamentos da sinceridade que hai en Cristo, 4 Porque en verdade, se alguen ven proclamando a outro Xesús que non predicamos, ou recibides outro espírito que non recibisstes, ou outro evanxeo que non aceptastes, ben o aturades.. 5 Creo que en nada fun menos que os apóstolos mais salientables, 6 pois ainda que sexa curto no xeito de expresarme, non o son no coñecemento, e en todo o que vos dimos a coñecer de todos os xeitos. 7 Ou pequei humillándome para que vos fórades admirados, porque vos anunciei de balde o evanxeo de Deus? 8 Despoxei a outras igrexas recibindo un estipendio para servirvos a vosoutros. 9 E estando convosco, cando pasei apretos, non fun unha carga para ninguén, porque os irmáns que viñeron de Macedonia dirónme o que me faltaba, e en todo gardeime e gardareime de servos uma carga. 10 É unha verdade do Mesías en min, que esta gloria non ma vai quitar ninguén nas rexións de Acaia. 11 Por qué? Porqiue non vos amo? Ben o sabe Deus! 12 Pero aquelo que fago, seguiréino facendo para cortar o pretexto de aqueles que desexan un pretexto para seren hachados iguais a nos naquelo no que se glorían. 13 Os tales son falsos apóstolos, obreiros trampóns, disfrazados de apóstolos de Cristo. 14 E non é de estrañar, porque o mesmo Satanás disfrázase de anxo de luz. 15 Non é por demais que os seus servidores se disfracen como ministros de xustiza, mais o fin deles será conforme as súas obras. 16 Outra vez vos anuncio:: Ninguén me teña por aloucado, pero de non ser así, polo menos soportádeme como a un insensato, para que tamén poda gabarme un pouco. 17 O que estou ddicindo, non o fago según o Señor, senón como se fose louco, coa confianza de ter algo de que presumir. 18 Dado que moitos se gaban na carne, eu tamén o farei. 19 Porque de boa gana tolerades ós necios, créndovos dan sensatos. 20 Soportades ós que vos esclavizan, os que vos explotan, os que se aproveitan de vos, os que vos tratan con arrogancia e ainda aqueles que vos dan labazadas. 21 Para a miña propia vergoña teño que decilo, que nos fomos febles, pero naquelo qe outro poda aterverse (digoo coma un insensato( eu tamén osarei facelo. 22 Son hebreos? Eu tamén. Son israelitas? Eu tamén. Son descendentes de Abraham? Eu tamén. 23 Son servidores do Mesías? (Estou falando como se tivera perdido o xuizo) Eu mais: en traballos, e ainda mais, na cadea, moito mais en malleiras e peligros de morte en moitas ocasións. 24 Dos xudeos. cinco veces recibín corenta azoutes menos unha. 25 Dírnme unha malleira con varas tres veces distintas, unha vez apedrexado, tres veces naufraguéi chegando a estar unha noite e un día no mais profundo do mar; 26 nas viaxes, perigros frecuentes, en perigros de ríos, nas mans de ladróns, en perigros dos da miña nazón, en perigros dos xentís, perigros na cidade, perigros no deserto, perigros no mar, perigros entre falsos irmáns. 27 en traballos e fatigado, moitas noiites sen dormir; con fame e sede; xexuando, unha vez tras outra; con frío e sen roupa 28 Ademais das cousas externas, o que sobre mín medra cada día: a preocupación por todas as igrexas. 29 Quen enferma sen enfermar eu tamén? Quén é tentado a pecar e eu non sinto que me estou queimando de angustia? 30 Se e bo gabarse, eu presumirei das miñas debilidades. 31 O Deus e Pai de Xesús, o Mesías, quen é bendito por sempre, sabe que non minto. 32 En Damasco, o gobernador do rei Aretas vixiaba a cidade dos damascenos para me prender 33 e descolgáronme metido nun cesto dende unha fiestra no muro, e fuxín das suas mans.