Capítulo 12

1 Na verdade, gsbarse non é doado, ainda que é necesario, falarei entón das visións e revelacións do Señor. 2 Sei de un home no Mesías, que fai catorce anos (se foi no corpo ou fora do corpo, non o sei) foi arrebatado ata o terceiro ceo 3 E eu sei que ese home (se no corpo ou fora do corpo, non o sei, so Deus o sabe), 4 foi arrebatado ata o paraíso, e escoitou palabras indescritibeis que ninguén pode expresar. 5 Do tal presumirei, pero de min mesmo non me gabarei senon das miñas debilidades. 6 Ainda que se quisera presumir, non sería un insensato, pois diría a verdade, pero non o fago, para que ninguén me conseidere por enriba do que ve en mn ou escoita de min. 7 a pesares da grandeza das revelacións. Polo tanto, para que non me ensoberbeza, foime dado un aguillón na carne, un emisario de Satanás que me da sopapos, para que non me faga orgulloso. 8 Por tres veces pedinlle ó Señor que o arredase de mín; 9 e él díxome: A miña graza é suficiente, porque o poder perfecciónase na debilidade. Daquela, presumirei con gusto das miñas debilidades, para que se vexa en min o poder do Mesías. 10 Por él síntome feliz nas debilidades, nas afrontas, nas necesidades, nas presecucións, nas angustias por causa de Cristo, porque cando estou débil, entón son forte. 11 Vos obrigádechesme a ser un insensato! pois eu er quen debía ser ademirado por vos, porque non fun menos que aqueles grandes apóstolos en nada do que fixen, ainda que nada son. 12 Na verdade, os sinais de apóstolo foron feioss entre vos con toda pacencia, milagres e prodixios, e con poderes sobrenaturais. 13 Porque, qué cousa hai na que fórades inferiores ás demais igrexas, senón en que eu mesmo non vos fun unha carga? Perdoádeme o aldraxe! 14 Ollade, estou preparado para ir por terceira vez onda vos, e non serei unha carga, porque non busco o que tedes, senon a vos mesmos; porque non están pobligados os fillos a manter ós pais, senón os país ós fillos. 15 Pero eu, con gran ledicia gastarei todo o que teño, e mesmo me desgastarei polas vosas almas, ainda que canto mais vos ame, menos me queirades vos. 16 Pero ainda admitindo que fora unha carga para vos, remataredes dicindo que eu vos enganei sendo astuto. 17 Por acaso vos enganei por medio de algún que vos mandei? 18 Pedinlle a Tito que fora, e con él mandei o noso irmán. Será que Tito vos enganou? Non procedemos co mesmo espírito e seguimos os mesmos pasos? 19 Durante todo este tempo, pensáchedes que nos defendiamos diante de vos, pero de feito, é diante de Deus que falamos en Cristo, e todo sempre, amados, para vosa a edificación. 21 Pero témome que cando vaia, non vos atope como espero, e tampouco eu apareza diante de vos como desexades; Temo que atope liortas, envexas, incomodos, ambicións egoístas, difamacións, faladurías, soberbias, desórdenes, 20 que cando vaia a próxima vez, Deus me humille diante de vos e teña que chorar por moitos dos que pecaron e non se arrepentiron da impureza, da inmoralidade e da indecencia na que viviron.