Capítulo 13

1 Esta é a terceira vez que vou onda vos: Todo asunto decidiráse polas testemuñas de duas ou tres persoas. 2 Díxenvos, cando estaba convosco a segunda vez,. e repítovolo agora ainda que estou ausente, que cpn aqueles que pecaron e con todos os demais, non vou a ser indulxente. 3 Xa que andades procurando unha proba de que o Mesías fala por min, Él non é débil convosco, senon que é poderoso entre vos. 4 Porque foi crucificado en debilidade, pero vive polo poder de Deus. Nos tamén somos débiles nel, pero vivimos con él polo poder de Deus no voso favor.. 5 Examinádevos a vos mesmos se estades na fe, probade quen sodes. Ou non vos decatades que Xesús o Mesías está en vosoutros? Se non é así, é que estades descalificados! 6 pero espero que recoñezades que nos non estamos descalificados. 7 E oramos a Deus para que vos non fagades nada malo, non para que nos sexamos aprovados, senon para que vos fagades o ben, ainda que nos semellemos ser descalifidados. 8 Porque nada podemos facer contra a verdade, senon a favor da verdade. 9 Por iso alegrámonos de sermos febles e vos fortes, porque o que pedimos é: a vosa perfección. 10 Polo tanto escríbovos estando ausente, para non ser demasiado severo cando estea convosco, según a autoridade que o Señor me deu para construir, e non para derrubar. 11 Para rematar, irmáns, algerádevos, procurade a vosa perfección, consoládevos, andade dacordo, vivide en paz e o Deus do amor e da paz estará convosco. 12 Saludádevos uns ós outros con un bico santo. 13 Mándanvos saúdos todos os santos. 14 A gracia do Señor Xesús, o Mesías, o amor de Deus, e a comunión do Espírito Santo sexan convosco.