Capítulo 5

1 Non reprendas ao ancián, senón exhórtao coma a un pai; ós mozos como a irmáns; 2 as ancianas, como a nais; ´ás mais mozas, como a irmás, con toda pureza. 3 Honra as viúvas que o son de verdade; 4 pero se hai algunha viuva que ten fillos ou netos, que aprendan primeiro éstes a ser piadosos coa sua propia familia, e a corresponderlle ós seus antepasados, porque isto é agradable diante de Deus. 5 Agora ben, a que é viúva de verdade, aquela que quedou desamparada, ten posta a súa esperanza en Deus, e persevera nas súplicas e oracións noite e día; 6 pero aquela que se bota aos placeres, xa está morta en vida. 7 Manda tamén estas cousas para que sexan irreprensibles, 8 porque se algún non coida dos seus, e maiormente dos da sua familia, é peor caun non crente e arrenegou da fe. 9 Debes incluir na lista á viúva non menor de sesenta anos, muller de un só marido, 10 aprobada polas obas obras: se criou fillos, se foi hospitalaria, se lavou os pés dos santos, se axudou aos aflixidos, e se adicou á toda boa obra. 11 Pero non inscribas ás viúvas mais novas, porque cando son impulsadas pola paixón desexan casarse, afastándose do Mesías, 12 expoñéndose a seren acusadas por quebrantar a primeira promesa, 13 e aprenden a ser `preguiceiras, indo de casa en casa; e non só preguiceiras, senón tamén larapetas e baralleiras, falando de cousas que non deben. 14 Polo tanto, desexo que as mais mozas casen, crien fillos e gobernen ben a súa casa, non dando ó adversario ningunha oportunidade de maldecir; 15 porque algunhas xa se estraviaron seguindo a Satanás. 16 Se alguna crente ten viúvas, que as asista, de xeito que a igrexa non sexa gravada para poderen axudar as que realmente son viúvas. 17 Os anciáns que guían dun xeito apropiado, son dignos de doble honor, especialmente os que traballan duro na palabra e no ensino. 18 Porque a Escritura di: Non podrás bozo o boi que trilla, E O obreiro ten deeito ó seu xornal. 19 Contra un ancián non permitas acusación, agás na presenza de dous ou tres testtemuñas. 20 A aqueles que sigan pecando, repréndeos diante de todos, para que tamén os demais teñan temor. 21 Pídoche de corazón diante de Deus, e de Xesús o Mesías e mais dos anxos escolleitos, que obedezas estes consellos sen prexuizos, e sen facer nada con parcialidade. 22 Non impoñas as mans de seguida nin te fagas complice de pecados alleos, consérvate puro. 23 Xa non bebas auga, senón un pouco de viño por mor do teu estómego e das tuas frecuentes doenzas. 24 Os pecados de algunhas persoas maniféstanse antes do xuizo, mentres que os de outros están a seguilos en verdade. 25 Do mesmo xeito, as boas obras son evidentes, e as que son diferentes non se poden agachar