Capitulo 4

1 Pero o Espírito fala claramente que nos tempos derradeiros algúns se afastarán da fe, escoitando a espíritos mentireiros e a doutrinas de demos, 2 pola hipocresía de argallantes que foron cauterizados na sua mesma concencia; 3 que prohiben casarse e mandan privarse de alimentos que Deus creou para que, dando grazas, os crentes, aqueles que coñeceron a Verdade por completo, podan participar deles. 4 Porque todo o que Deus creou é bo, e non se debe rexeitar en absoluto cando se toma con gratitude, 5 pois é santificado por medio da palabra de Deus e da oración. 6 Propoñéndolle estas cousas aos irmáns, serás un bo servo de Xesús o Mesías, alimentado coas palabras da fe e da boa doutrina que seguiches de perto. 7 Rexeita as fábulas profanas e os contos de vellas; exércitate na piedade, 8 porque o exercicio do corpo para pouco aproveita, pero a piedade é útil para todo, tendo promesa para esta vida e para a que ven,. 9 Esta palabra é fiel e digna de ser aceptada por todos. 10 Porque para isto traballamos darreo e loitamos, pois puxemos a espranza no Deus vivo, que é o Salvador de todas as persoas, maiormente das que cren. 11 Non deixes de proclamar e ensinar estas cousas. 12 Que ninguén faga pouco de ti por seres mozo, senón sé exemplo dos crentes na palabra, na conducta, no amor, na fe, e na pureza. 13 Ata que chegue ahí, dedícate á lectura, á exhortación e o ensino. 14 Non descuides o don que hai en ti, que che se deu por medio da profecía coa imposición de mans de parte dos anciáns 15 Reflicte sobre todas estas cousas, mantente nelas para que todos vexan o teu progreso. 16 Cóidate a ti mesmo e á doutrina, persiste en todas istas cousas; porque facendoo, salvaraste ti e mais aqueles que te escoitan.