Capítulo 3

1 Palabra fiel é esta: se alguén ansía ocupar cargo de supervisor, desexa a mellor obra. 2 Polo tanto, é preciso que o supervisor sexa irreprensible, marido dunha soa muller, sobrio, asisado, decoroso, acolledor, didáctico, 3 non borrachón, non pelexador, senón amable, pacífico, sen avaricia, 4 que goberne ben aos da súa propia familia, tendo aos seus fillos en obediencia con toda respeto 5 ( pois se algún non ten coidado dos seus, como ha coidar á igrexa de Deus? ); 6 non un novo convertido, non sexa que ensoberbeza e caia no xuízo do demo. 7 Cómprelle ter un bo testemuño dos de afora para que non caia en inxurias ou na rede do demo. 8 Así mesmo, os servidores (diáconos), deben ser de palabra, sen dobrez, non dados a moito viño, nen apegados ás gañancias deshonestas, 9 gardando o misterio da fe con conciencia limpa. 10 E sexan primeiro estos probados, e sirvan despois, xa que non están acusados. 11 Así mesmo as mulleres, sexan honestas, non calumniadoras, sobrias, fieis en todo. 12 Os servidores (diáconos ) sexan maridos dunha soa muller, gobernado tamén aos seus propios fillos. 13 Pois os que serviron ben coma servidores (diáconos) gañan para sí unha boa posición e moita confianza na fe que é en Cristo Xesús. 14 Escríboche estas cousas, agradando chegar pronto onda ti, 15 para que, se me retardo, teñas sabido como debe conducirse un na casa de Deus, que é a igrexa do Deus vivo, baluarte e piar da verdade. 16 E indiscutiblemente, grande é o misterio da piedade: El foi feito en carne, xustifcado no espírito, visto por anxos, proclamado entre xentís, crido no mundo, recibido arriba en gloria.