Capítulo 2

1 Polo tanto, exhorto, a que primeiramente, se fagan peticións, oracións, rogos e accións de grazas por tódalas persoas; 2 polos reis e por tódolos que están en postos de autoridade, para que poidamos vivir tranquilos e repousadamente en toda piedade e honestidade. 3 Isto é o que vale e o aceptable diante de Deus noso Salvador, 4 quen desexa que tódalas persoas sexan salvas e acaden o pleno coñecemento da verdade; 5 Porque Deus é un, e un mediador tamén entre Deus e as persoas, Cristo Xesús home, 6 quen dándose a sí mesmo en rescate por todos, coma evidencia nos seus tempos sinalados*. 7 Para isto fun posto coma predicador e apóstolo (digo verdade e non minto), coma mestre dos xentís na fe e na verdade. 8 Polo tanto, quero que os homes oren en todo lugar levantando manas santas, sen ira nen discusión. 9 Así mesmo que as mulleres tamén se engalanen con roupa decorosa, con reverencia e xuizosamente, non con trenzas, e ouro, e perlas, e roupa moi custosa; 10 máis ben, como convén ás mulleres que profesan piedade por medio de obras benéficas. 11 A muller aprenda en paz en toda suxeición. 12 Pero non permito á muller ensinar nen exercer autoridade sobre o marido, senón que viva quedamente. 13 Porque Adán foi formado o primeiro, e por conseguinte Eva. 14 E Adán non foi enganado, pero a muller sendo enganada, caeu en transgresión. 15 Pero librarase tendo fillos, se perseveran na fe o amor e a santidade con sobriedade.