1
Todos os que estám baixo o xugo da escravitude consideren aos seus propios amos dignos de toda honra, para que non sexa difamado o nome de Deus nin a doutrina.
2
Os que teñan amos crentes non os fagan de menos por ser irmáns, mais ben sírvanos mellor por seren crentes e amados os que se benefician do seu traballo. Ensina e recomenda estas cousas.
3
Se asguén ensina outra cousa, e non se amolda as palabras sanas, as de Xesús o Mesías, noso Señor, e a doutrina que é conforme á piedade,
4
é un soberbio e non entende nada, senón que é un maniático que so quere discutir sobre palabras baleiras, das que nacen envexa,. riñas, difamacións, malas sospeitas,
5
liortas constantes e parvas de persoas corrompidas, carentes da verdade, que pensan que a piedade é unha fonte de riqueza.
6
Ainda que a piedade acompañada de contenamento é unha verdadeira fonte de ganancia!
7
porque nada trouxemos a este mundo e nada podemos levar del,
8
así que, se temos que comer e que vestir debemos estar contentos,
9
pois aqueles que queren ser ricos caen en tentacións, trapelas e moitas cobizas insensatas e dañinas, que son as que botan a perder ás persoas e as arruinan,
10
porque o amor ó diñeiro é a raíz de todos os males, algúns mesmo se afastaron da fe por iso, e traspasaron as súas vidas con moitas dores.
11
Pero ti, home de Deus, fuxe destas cousas e procura á xustiza, a piedade, a fe, o amor, a pacencia, a mansedume.
12
Loita a boa batalla da fe, bota man da vida eterna, á que fuche chamado, e que diante de moitas testemuñas declarache dun xeito brilante.
13
Mándoche diante de Deus, quen da vida á todas as cousas e de Xesús o Mesías, que deu testemulña cunha magnífica confesión diante de Poncio Pilato,
14
que gardes o mandamento sen tacha, irreprensible, ata a manifestáción de Xesús o Mesías, noso Señor.
15
No tempo axeitado amosarao o Deus bendito e único Soberano, o Rei dos que reinan e Señor dos que gobernan,
16
o ünico que ten inmortalidade, que vive na luz inaccesible, a quen ningún ser humán viu nin pode ver. A Él sexa a honra e o dominio eterno, amén.
17
Os ricos deste mndo mándalles que non sexan arrogantes nin poñan a súa esperanza nas riquezas, que son incertas, senón en Deus, quen nos provee abundantemente de todas as cousas para que as disfrutemos;
18
que fagan o ben, que sexan ricos en boas obras, que sexan xenerosos, e dadiveiros para compartir,
19
atesorando para si un bon fundamento para o tempo que vai a vir, para que boten man da verdadeira vida.
20
Timoteo, garda o que se che encomendou, evitando as leiras baleiras e profanas, e os argumentos da falsamente chamada cencia,
21
coa que algúns afastáronse da fe cando a profesaron. A gracia sexa convosco.