1
Certamente, dise, por todas partes, que entre vosoutros hai fornicación, unha inmoralidade semellante, que non existe sequera entre os xentís, ao extremo de que algún ten xa á muller do seu pai.
2
E volvéstesvos arrogantes, en vez de entristecervos para que fose quitado de entre vosoutros aquel que fixo esta acción.
3
Pois eu, pola miña parte, anque ausente fisicamente pero presente en espírito, como se estivera presente, xa xulguei ao que cometeu tal acción.
4
No nome do noso Señor Xesús, cando vós esteades reunidos, e eu convosco en espírito, e co poder do noso Señor Xesús,
5
entregade a ese tal a Satanás para a destrución da súa carne, a fin de que o seu espírito sexa salvo no día do Señor Xesús.
6
A vosa arrogancia no é boa. Non sabedes que un pouco de lévedo fermenta toda a masa?
7
Limpade o vello lévedo para que sexades masa nova, así coma sodes, sen lévedo. Porque aída Cristo, nosa Pascua, foi sacrificado.
8
Polo tanto, festexemos a festa non co lévedo vello, nen con lévedo de malicia e maldade, senón co pan sen lévedo de sinceridade e de verdade.
9
Na miña carta escribinvos que non anduverades na compaña de persoas inmorais,
10
mais non quixen dicir cos inmorais deste mundo, ou cos avaros e ladróns, ou idólatras; pois daquela seríavos preciso saír do mundo.
11
Senón que vos escribín mais ben, que non anduverades na compaña de ningún que, chamándose irmán, é unha persoa inmoral, ou avara, ou idólatra, ou difamadora, ou borracha , ou estafadora; con ese tipo de persoa nen sequera comades.
12
Pois, en que me aproveita a min xulgar aos de afora? Non xulgades vós aos de dentro?
13
Pero Deus xulga aos que están afora. Quitade de entre vosoutros ao malvado!