1
Ousa algún de vós ir a xuízo ante os incrédulos e non ante os santos, cando ten algo na contra do seu próximo?
2
Ou non sabedes que os santos xulgarán ao mundo? E se o mundo é xulgado por vós, non sodes competentes para xulgar os casos de menor importancia?
3
Non sabedes que xulgaremos aos anxos? Canto máis os asuntos desta vida!
4
Daquela, se tendes tribunais que xulgan os casos desta vida, por que poñedes por xuíces aos que non son nada na igrexa?
5
Digo isto para a vosa vergoña. Será que non hai entre vosoutros algunha persoa sabia que poida xulgar entre seus irmáns,
6
senón que preitea irmán contra irmán diante dos incrédulos?
7
De feito, xa é un erro entre vosoutros, que esteades metidos en preitos entre vós. Por que mellor non sufrides a inxustiza? Non será mellor ser defraudados?
8
Pola contra, vós mesmos defraudades e facedes inxustizas contra vosos irmáns.
9
Ou non sabedes que os inxustos non herdarán o reino de Deus? Non vos deixedes enganar: nen os inmorais, nen os idólatras, nen os adúlteros, nen os efeminados, nen os homosexuais,
10
nen os ladróns, nen os avaros, nen os borrachos, nen os difamadores, nen os estafadores herdarán o reino de Deus.
11
E isto erades algúns de vós, pero fostes lavados, pero fostes santificados, pero fostes xustificados no nome do Señor Xesús Cristo e no Espírito do noso Deus.
12
Tódalas cousas me son lícitas, pero non todas son de proveito.Tódalas cousas me son lícitas, mais eu non me deixarei dominar por ningunha.
13
Os alimentos son para o estómago e o estómago para os alimentos, pero Deus destruirá ámbolos dous. Con todo, o corpo non é para a fornicación, senón para o Señor, e o Señor é para o corpo.
14
E Deus, que resucitou ao Señor, tamén nos resucitará a nós mediante o seu poder.
15
Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo? Tomarei, entón, os membros de Cristo e fareinos membros dunha prostituta? Diso nada!
16
Ou non sabedes que o que se une cunha prostituta é un corpo con ela? Porque El di: os dous virán ser unha soa carne.
17
Pero o que se une co Señor, ven ser un espírito con El.
18
Fuxide da fornicación. Tódolos demáis pecados que unha persa comete están fóra do corpo, pero o fornicario peca contra o seu propio corpo.
19
Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo, que está en vós, que o tendes de Deus, e que non sodes de voso?
20
Pois fostes comprados por prezo; polo tanto, glorificade a Deus no voso corpo e no voso espírito, que son de Deus.