1
Que toda persoa nos considere deste xeito: coma servidores de Cristo e administradores dos misterios de Deus.
2
Agora ben, ademáis requírese dos administradores que cada un sexa confiable.
3
En canto a min, é de pouca importancia que eu sexa xulgado por vós ou por tribunal humano; de feito nen mesmo eu son quen de xulgarme a min mesmo.
4
Porque aínda que a miña conciencia non me acusa de nada; non por iso son xustificado, pois é o Señor quen me xulga.
5
Polo tanto, non xulguedes antes de tempo, senón agardade ata que o Señor veña, quen sacará á luz as cousas ocultas nas tebras e tamén porá de manifesto as intencións dos corazóns; e entón cada un recibirá o seu loubor de parte de Deus.
6
Pero estas cousas, irmáns, expliquéivolas en sentido figurado a min mesmo e a Apolos, por amor a vós, para que en nós aprendades a non sobrepasar o que está escrito, para que ningún de vós se volva arrogante a favor do un contra o outro.
7
Pois, quen te distingue? Que tés que non recibiches? E se o recibiches, porque te enches coma se non o tiveras recibido?
8
Xa estades fartos, xa vos fixestes ricos, xa chegastes a reinar sen nós, e ogallá chegarades reinar, para que nós reinasemos tamén con vós.
9
Porque penso que Deus exhibiunos a nós os apóstolos en derradeiro lugar, coma a sentenciados a morte; pois chegamos a ser espectáculo para o mundo, os anxos e as persoas.
10
Nós somos necios por amor de Cristo, mais vós sodes prudentes en Cristo; nós somos febles, mais vós, fortes; vós sodes distinguidos, mais nós, sen honra.
11
Ata este momento pasamos fame e sede, andamos mal vestidos, somos maltratados e non temos onde vivir;
12
Esgotamos traballando coas nosas propias mans; sendo ofendidos, bendecimos; sendo perseguidos, aguantamos;
13
sendo difamados, consolamos; ata agora, non somos máis que a escoria do mundo, o desperdicio de todos.
14
Non vos escribo isto para causarvos vergoña, senón para chamarvos a atención coma aos meus fillos amados.
15
Porque anque teñades dez mil de mestres en Cristo, non tedes moitos pais; pois eu vos enxendrei en Cristo Xesús por medio do evanxeo.
16
Polo tanto, prégovos, que me sigades imitando.
17
Por mor disto envieivos a Timoteo, que é meu fillo amado e fiel no Señor, quen vos fará lembrar os meus camiños en Cristo, tal coma ensino en todas partes, en cada igrexa.
18
Mais algúns de vós tornaron arrogantes, como se eu non fora volver a vós.
19
Pero irei a vós axiña, cando o Señor queira, e coñecerei, non as palabras senón o poder dos que tornaron arrogantes.
20
Porque o reino de Deus non consiste en palabras, senón en poder.
21
Que queredes? Irei a vós con vara, ou en amor e con espírito de mansedume?