1
E eu, irmáns, non puiden falarvos como a espirituais, senón coma a carnais, coma a nenos en Cristo.
2
Deivos bebe leite, non alimento sólido, porque non estabades listos para recibilo.
3
De certo, nen agora sodes quen, porque aínda sodes carnais. Pois se hai celos e pelexas entre vosoutros, non sodes carnais e andades coma humanos?
4
Porque cando un di: eu son de Pablo, e outro: eu son de Apolos, non sodes humanos?
5
Que ven sendo Apolos? E que é Pablo? Servidores mediante os que vós crestes, segundo o Señor permitiu a cada un.
6
Eu prantei, Apolos regou, pero Deus deu o crecemento.
7
Así que nen o que pranta nen o que rega é algo, senón que Deus dá o crecemento.
8
Agora ben, o que pranta e o que rega son unha soa cousa, pero cada un recibirá a súa propia recompensa dacordo ao seu propio esforzo.
9
Porque somos colaboradores de Deus, e vós sodes labranza de Deus, edificio de Deus.
10
Dacordo á graza de Deus que me foi dada, eu, como sabio arquitecto, puxen o fundamento, e outro edifica sobre el. Pero que cada un teña coidado de como edifica enriba.
11
Pois ninguén pode poñer outro fundamento que o que xa está posto, que é Xesús Cristo.
12
Agora ben, se sobre o fundamento, alguén edifica con ouro, prata, pedras preciosas, madeira, herba, palla,
13
a obra de cada un hase manifestar, porque o día vaina facer evidente, pois co lume é descuberta; o mesmo lume porá a proba a calidade da obra de cada un.
14
Se a obra dalgún que edificou sobre o fundamento se mantén, recibirá recompensa.
15
Se a obra dalgún é consumida polo lume, sufrirá pérdida; con todo, el será salvo, anque así coma por lume.
16
Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espirito de Deus vive en vós?
17
Se algún destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el, porque o templo de Deus é santo, e iso é o que sodes vós.
18
Non se engane ningúen a sí mesmo. Se algún de vós cre ser sabio segundo este mundo, fágase necio para chegar a ser sabio.
19
Porque a sabedoría deste mundo é absurda ante Deus. Pois está escrito: é El que prende aos sabios na súa propia astucia.
20
E tamén: o Señor coñece os razoamentos dos sabios, que son vans.
21
Así que ninguén se gloríe nas persoas, porque todo é voso,
22
sexa Pablo, ou Apolos, ou Cefas, ou o mundo, ou a vida, ou a morte, ou o presente, ou o porvir, todo é voso,
23
e vós sodes de Cristo, e Cristo de Deus.