1
Cando fon onda vós, irmáns, proclamándovos o testemuño de Deus, non fun con superioridade de palabra ou de sabedoría,
2
pois non me propuxen saber nada entre vós, agás a Xesús o Mesías, e a este crucificado.
3
E cheguei a vós con fraqueza, e con temor e moito tremor.
4
Nen a miña mesaxe nen a miña predicación foron con palabras persuasoras de sabedoría, senón con demostración do Espírito e de poder,
5
para que a vosa fe non estea na sabedoría das persoas, senón no poder de Deus.
6
Con todo, falamos sabedoría entre os que acadaron madureza; peron non unha sabedoría deste século, nen dos gobernantes deste tempo, que van desaparecendo,
7
senón que falamos sabedoría de Deus en misterio, a sabedoría oculta, que dende antes dos tempos, Deus predestinou para nosa gloria;
8
sabedoría que ningún dos gobernantes deste tempo entendeu, porque si a entenderan non tiveran crucificado ao Señor da gloria;
9
senón como está escrito: cousas que ollo non viu, nen oido oiu, nen entraron ao corazón das persoas, son as cousas que Deus preparou para os que o aman.
10
Mais Deus déunolas a coñecer por medio do Espírito, porque o Espírito escudriñao todo, mesmo as profundidades de Deus.
11
Porque entre as persoas, quen coñece os pensamentos dunha persoa senón o espírito da persoa que está nela? Do mesmo xeito , ninguén coñece os pensamentos de Deus, senón o Espírito de Deus.
12
E nós recibimos, non o espírito do mundo, senón o Espírito que ven de Deus, para que saibamos o que Deus nos deu de balde,
13
do que tamén falamos, non con palabras ensinadas por sabedoría humana, senón coas ensinadas polo Espírito, acomodando as cousas espirituais ás cousas espirituais.
14
Pero a persoa natural non acepta as cousas do Espírito de Deus, porque para el son loucura; e non pode comprendelas, porque hai que diferencialas espiritualmente.
15
Pola contra, o que é espiritual xulga tódalas cousas; pero el non é xulgado por ninguén.
16
Porque, quen coñeceu a mente do Señor? quen o ha instruir? Mais nós temos a mente de Cristo.