1
Pablo, chamado a ser apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, e Sóstenes, noso irmán,
2
á igrexa de Deus que está en Corinto, aos que foron santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos, con todos os que calquer lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso:
3
graza a vós e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.
4
Dou sempre gracias ao meu Deus por vós, pola graza de Deus que vos foi dada en Cristo Xesús,
5
porque fostes enriquecidos en todo en El, en toda palabra e en todo coñecemento,
6
así coma o testemuño do Mesías foi confirmado en vós;
7
de xeito que nada vos falla en ningún don, agardando a manifestación do noso Señor Xesús, o Mesías;
8
quen tamén vos sosterá ata o fin, para que sexades irreprensibles no día do noso Señor Xesús.
9
Fiel é Deus, por medio de quen fostes chamados a ser partícipes co seu Fillo Xesús, o Mesías, noso Señor.
10
Prégovos, irmáns, polo nome do noso Señor Xesús, o Mesías, que vos poñades todos dacordo e que non haxan divisións entre vós, senón que esteades enteiramente unidos nunha mesma mente e un mesmo parecer.
11
Porque os de Cloé, puxéronme en coñecemento da vosa situación, meus irmáns, que entre vosoutros hai contendas.
12
Refírome a que cada un de vós di: eu son de Pablo, eu de Apolos, eu de Cefas, eu do Mesías.
13
Está divido o Mesías? será que Pablo foi crucificado por vós? ou fostes bautizados no nome de Pablo?
14
Dou gracias a Deus que non bauticei a ningún de vós, agás a Crispo e a Gaio,
15
para que ningúen diga que fostes bautizados no meu nome.
16
Tamén bauticei á familia de Estéfanas, polo demáis, non sei se bauticei a algún outro,
17
Pois non me enviou o Mesías a bautizar senón a levar as boas novas, non con sabedoría de palabras, para que non quede anulada a eficacia da cruz de Cristo.
18
Certamente a palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós os salvos é poder de Deus.
19
Porque está escrito: Destruirei a sabedoría dos sabios, e o rexeitarei o entendemento dos intelixentes.
2021
U-lo sabio? U-lo escriba? U-lo sofista deste século? Non enlouqueceu Deus a sabedoría do mundo? Por canto na sabedoría de Deus o mundo deixou de coñecer a Deus mediante a sabedoría, Deus tivo a ben salvar coa loucura da predicación aos que confían en El.
22
Porque os xudeus piden sinais e os gregos buscan sabedoría;
23
mais nós predicamos ao Mesías crucificado, pedra de tropezo para os xudeus e loucura para os xentís;
24
mais para os chamados, tanto xudeus coma gregos, o Mesías é poder de Deus e sabedoría de Deus.
25
Porque o necio de Deus é máis sabio que as persoas, e a fraqueza de Deus é máis forte que as persoas.
26
Porque, mirade irmáns o voso chamamento, que non sodes moitos sabios segundo a carne, nen moitos poderosos, nen moitos da nobreza;
27
senón que Deus escolleu o necio do mundo,para avergoñar aos sabios; e Deus escolleu o feble do mundo, para avergoñar ao que é forte;
28
e o sen importancia segundo o mundo, e o desprezable, o que non conta para nada, escolleu Deus; o que non é, para anular ao que pensa ser algo;
29
para que ninguén se vanaglorie diante de Deus.
30
Mais de El provén o que sodes en Xesús o Mesías, quen se fixo para nós sabedoría de Deus, e xustificación, e santificación, e redención,
31
para que, como está escrito: O que se gloría, que se gloríe no Señor.