1
Seguide o amor e cobizade os dons espirituais, mais que nada o de profecía.
2
Porque o que fala en linguas, non fala as persoas, senón a Deus, xa que ninguén o entende, pois polo Espírito fala misterios,
3
pero o que profetiza, fala a todos para edificación, ánimo e consolo.
4
Quen fala en linguas edifícase a sí, pero o que profetiza edifica á igrexa.
5
Asi que, quisera que todos faledes en linguas, pero mais que profeticedes, porque maior é o que profetiza que aquel que fala en linguas, a non ser que as interprete para que a igrexa sexa edificada.
6
Porque, irmáns, se eu fose a vos falando linguas, qué proveito tería se non vos falara con revelación e coñecemento, con profecía ou ensinanza?
7
Ainda os instrumentos inanimados que producen sonidos como a flauta, ou a guitarra, se non se distinguiran ben os sonidos, Cómo se saberá o que se esta a tocar coa flauta, ou o que se interpreta coa guitarra?
8
Ou tamén se unha trompeta dira un sonido confuso, quén se vai a preparar para o combate?
9
Do mesmo xeito se vos non dades palabras comprensibles coa vosa lingua, cómo se vai a entender o que falades? Estaredes falando ó vento.
10
Moitas linguas hai no mundo, e todas teñen o seu significado,
11
pero si non entendo o significado das verbas serei coma un estranxeiro para quen fala, e él un estranxeiro para min.
12
Pos logo, vos que desexades os dons espirituais, procurade abundar neles para a edificación da igrexa.
13
Por iso, quem ore en linguas, ore para tamén para que poda interpretalas.
14
Porque se eu oro en linguas o meu espírito ora, pero o meu entendemento queda sen froito.
15
Entón qué? Oraréi co espírito, pero tamén co entendemento; cantaréi salmos co espírito, pero cantareinos tamén co entendemento.
16
Porque se bendices co espírito, como poderá responder amén á túa acción de grazas o que está escoitando, se non sabe o que dis?
17
Ti, de verdade das grazas dun xeito bo, pero o outro non é edificado.
18
Dou grazas a Deus que falo en linguas mais que todos vos,
19
pero na igrexa prefiro falar cinco palabras co meu entendemento, para instruir a outros, que mil palabras en linguas.
20
Irmáns, non sexades nenos no modo de pensar, senón na falta de malicia, pero sede maduros no modo de pensar.
21
Na lei está escrito: "Falarei a este povo en outras linguas e nas palabras de outros, pero ainda asi non querrán escoitarme" Di o Señor.
22
De maneira que as linguas son un sinal non os crentes, senón para os incrédulos, pola contra, a profecía non é para os incrédulos senón para os crentes.
23
Se, polo tanto, toda a igrexa se reúne e todos falan en linguas, e entraran incrédulos ou simpatizantes, non dirían que estades tolos?
24
Pero se todos profetizan e entra un non crente , por todos é convencido e síntese xulgado polo que escoita;
25
asi o que hai oculto no seu corazón faise manifesto, e postrándose sobre o seu rostro adorará a Deus recoñecendo que Deus verdadeiramente está entre vos.
26
Entón que faremos, irmáns? Cando vos xuntedes, cada un pode cantar un salmo, ter unha ensinanza, explicar unha revelación, falar linguas, e interpretar; fácede todo para edificación.
27
Se algún fala en linguas, que sexa un ou dous, como moito tres, sempre por turno e que haxa un interprete.
28
Pero se non hai intérprete, cale na igrexa e fale para sí e para Deus.
29
Os profetas, que falen dous ou tres, e os demais saquen as conclusións.
30
E se a alguén que está sentado ten unha revelación, o primeiro debe calar.
31
Porque todos podedes profeticar se o facedes un por un, para que todos aprendan e todos sexan animados.
32
Porque os espíritus dos profetas están suxetos ós profetas,
33
pois Deus non é Deus de desorde, senón de paz, como en todas as igrexas dos santos.
34
As mulleres deben gardar silencio nas congregacións, porque non lles é permitido falar, senón estar sumisas como dí a lei.
35
Se queren aprender algunha cousa, deben preguntar os seus maridos na casa, pood non di ben que unha muller fale na congregación.
36
Acaso saliu de vos a palabra de Deus ou só chegou a vos?
37
Se algún pensa de sí que é profeta ou espiritual, recoñeza o que eu vos escribo, porque é mandato do Señor;
38
pero se algún o ignora iso, el mesmo é ignorado.
39
Entón irmáns, progurade profetizar; e non impidades falar en linguas.
40
Pero tendes que facer todo dun xeito decente e ordenado.