1
Se eu falara linguas humáns ou anxélicas, e non teño amor, son como o bronce que resoa ou un pandeiro que repenica.
2
E se fora profeta e entendera todos os misterios e toda a cencia, e se tivera unha fe extraordinaria de xeito que pudera mover montes, e non teño amor, non sería nada.
3
E ainda que repartira todo o que teño, e entregara o meu corpo para me deixar quemar vivo, e non tivera amor, non valería para nada..
4
O amor é sofrido, o amor é bondadoso, o amor non ten envexa, o amor non ten fachenda,
5
non se ensoberbece. Non actúa dun xeito indebido, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non toma en conta o mal,
6
non se alegra na inxustiza senón que se alegra coa verdade;
7
É quén de sufrir todo, de crer todo, de esperar todo, de aturar todo.
8
O amor non deixa de ser dendexamais. Porque as profecías desaparecerán, as linguas cesarán, o coñecemento rematará;
9
porque en parte coñecemos e en parte profetizamos,
10
pero cando veña o que é perfecto, rematará aquelo que é limitado.
11
Cando eu era neno, falaba coma un neno, pensaba coma un neno e razoaba coma un neno; cando cheguei a home, deixei o que era de neno.
12
Porque agora vemos nun espello; pero daquela veremos cara a cara; agora coñezo en parte, pero entón hei coñecer coma fun coñecido.
13
Agora permanecen a fe, a esperanza e o amor, pero a meirande de todas as cousas é o amor.