Salmo 109
Oración pedindo vinganza
Para o director do coro. Salmo de David.
1
Oh Deus, da miña alabanza, non cales.
2
Porque contra min abriron a súa boca impía e enganosa; con enganos falaron en contra miña.
3
Rodeáronme tamén con palabras de odio, e sen causa loitaron en contra miña.
4
En pago do meu amor, obran como os meus acusadores, pero eu oro.
5
Así me pagan mal por ben e odio polo meu amor.
6
Pon a un impío sobre del, e que un acusador esté a súa destra.
7
Cando sexa xulgado, saia culpable, e a súa oración se converta en pecado.
8
Sexan poucos os seus días, e que outro tome o seu cargo;
9
sexan orfos os seus fillos e viúva a súa muller;
10
vagabunden os seus fillos, e mendiguen, e busquen o sustento lonxe dos fogares en ruínas.
11
Que o acredor se apodere de todo o que ten, e estraños saqueen o froito do seu traballo.
12
Que non haxa quen lle dé misericordia, nin haxa que sen apiade dos seus orfos;
13
sexa exterminada a súa posterioridade, o seu nome sexa borrado na seguinte xeneración.
14
Recórdese ante o SEÑOR a iniquidade dos seus pais, e non sexa borrado o pecado da súa nai.
15
Estean continuamente diante do SEÑOR, para que Él corte da terra a súa memoria;
16
porque él non amosou misericordia, senon que perseguiu o aflixido, o necesitado e ao corazón decaído para matalos.
17
Tamén amaba a maldición, e ista caeu sobre del; non se deleitou na bendición, e ela alonxouse del.
18
Vestíuse de maldición coma si fose o seu manto, e entrou como auga no seu corpo, e como o aceite nos seus ósos.
19
Sexa como vestidura coa que se cubra, e por cinto co que se cingua sempre.
20
Sexa ista a paga do SEÑOR para os meus acusadores, e para os que falen mal contra a miña alma.
21
Mais ti, oh DEUS, Señor, por amor do teu nome faime ben; líbrame, pois é boa a túa misericordia;
22
porque aflixido e necesitado estou, e o meu corazón está ferido dentro de min.
23
Vou pasando como sombra que se alonga; son sacudido como a lagosta.
24
Os meus xeonllos están débiles polo ayuno, e a miña carne sin gordura adelgazouse.
25
Convertinme tamén en obxecto de reproche pra eles; cando me ven, sacuden a cabeza.
26
Axúdame SEÑOR, meu Deus, sálvame conforme a túa misericordia,
27
e que sepan que ista é a túa man, que ti, SEÑOR, o fixeches.
28
Maldigan eles, pero ti bendice, cando se levanten serán avergoñados, mais o teu servo alegrarase.
29
Sexan vestidos de reproche os meus acusadores, e cúbranse coa súa propia vergoña como un manto.
30
Coa miña boca agradecerei abundantemente ao SEÑOR, e en medio da multitude o eloxiarei.
31
Porque Él está a destra do pobre, para salvalo dos que xulgan a súa alma.