Salmo 110
O Señor dá autoridade ao Rey
Salmo de David.
1
Dice o SEÑOR ao meu Señor: Séntate a miña destra, ata que poña ós teus inimigos postrados aos teus pés.
2
O SEÑOR extenderá dende Sión o teu poderoso cetro, dicindo: Domina no medio dos teus inimigos.
3
O teu pobo ofreceráse voluntariamente no día do teu poder; no esplendor da santidade, dende o seo do mencer; a túa xuventude é para ti coma o orballo.
4
O SEÑOR xurou e non se retractará:
Ti eres sacerdote pra sempre según a orde de Melquisedec.
5
O Señor está a túa destra; romperá reis no día da súa ira.
6
Xulgará entre as nacións, encheráas de cadáveres, romperá cabezas sobre a ancha terra.
7
Beberá da corrente no camiño; polo tanto Él levantará a cabeza.