Capítulo 61
Para o director do coro. Sobre instrumentos de cordas
Salmo de David
1
Ouve , ó Deus, o meu clamor;
atende a miña oración.
2
Invócote desde os confíns da terra,
cando se abate o meu corazón.
Condúceme á rocha que é máis alta cá min.
3
Porque ti fuches refuxio para min,
torre forte contra o inimigo.
4
Que eu more na túa tenda para sempre;
e me abrigue no refuxio das túas ás.
5
Porque ti, ó Deus!, escoitaches os meus votos;
ti dechesme a herdanza dos que temen o teu nome.
6
Ti engadirás días aos días do rei;
os seus anos serán como moitas xerazóns.
7
El reinará para sempre diante de Deus;
concédelle misericordia e verdade
para que o garden.
8
Así cantarei louvanzas ao teu nome para sempre,
para cumprir os meus votos día tras día.