Capítulo 60
Para o director do coro;segundo a tonada de O lirio
do testemuño. Mictam de David para mostrar, cando
loitou con Aram-naharaim e contra Aram-Soba, e voltou
Joab e feriu a 12.000 edomitas no Val do Sal.
1
Ó Deus!, ti rexeitáchenos, quebrantáchenos
e airácheste. Restáuranos, ó Deus!
2
Fixeches tremer a terra,
fendíchela, sanda as súas fendas,
poise ela abala.
3
Duras cousas fixeches ver ao teu pobo;
díchenos a beber viño embebedante.
4
Diches un lábaro aos que te temen,
para que sexa alzado por causa da verdade. ( Selah)
5
Para que sexan librados os teus amados,
salva coa túa destra e respóndeme.
6
Deus falou no seu santuario,
alegrareime, repartirei a Siquem,
e meditarei no Val de Sucot.
7
Galaad é meu, Manasés é meu,
Efraín é o elmo da miña cabeza,
Judá é o meu lexislador.
8
Moab é a bacía na que me lavo
sobre Edom lanzarei o meu zapato;
alédate ó Filistea!, pola miña causa.
9
Quen me conducirá á casa fortificada?
Quen me guiará até Edom?
10
Non es ti, ó Deus!, o que nos rexeitou?
Non sairás, ó Deus!, cos nosos exércitos?
11
Danos axuda contra o adversario,
pois o auxilio do home é ván.
12
En Deus faremos proezas,
El pisará os nosos inimigos.