Capítulo 43
(Última parte do salmo 42)
1
Ó Deus!, faime xustiza
e defende a miña causa
contra unha nación impía;
líbrame do home enganoso e inxusto.
2
Pois ti es o Deus da miña fortaleza,
por que me rexeitaches?
Por que ando triste pola
opresión do inimigo?
3
Envía a túa luz e a túa verdade
que elas sexan a miña guía
que me leven ao teu monte santo
e ás túas moradas.
4
Entón chegarei ao altar de Deus
a Deus, o meu gozo supremo;
e ao son da lira louvareite, ó Deus!, meu Deus.
5
Por que te abates, miña alma,
e por que te desacougas en min?
Espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo.
El é a salvación do meu ser e meu Deus!