Pelexa contra os que loitan contra min!
2 Bota man do escudo e da adarga,
e érguete para a miña axuda.
3 Agarra tamén a lanza e a machada para enfrentarte aos que me perseguen;
di á miña alma: Eu son a túa vitoria!
4 Sexan avergoñados e confundidosos que buscan a miña vida,
sexan afastados e confundidos
os que buscan o meu mal.
5 Sexan como a palla diante do vento,
e acóseos o anxo de Iahveh.
6 Sexa o seu camiño escuro e esbaradizo,
e persígaos o anxo de Iahveh;
7 Porque estendéronme a súa rede sen causa,cavaron buraco para a miña alma, sen motivo.
8 Que a destrución veña sen decatarse,
e préndao a rede que el mesmo estendeu,
e caia nela coa mesma destrución.
9 A miña alma gozarase en Iahveh,gozarase na súa salvación.
10 Dirán os meus ósos: Quen coma ti?
que libras o débil do que é máis forte que el,
e o pobre e necesitado de quen o despoxa?
11 Levántanse testemuñas falsas;e pregúntanme do que non sei.
12 Devolvenme mal por ben,
para aflición da miña alma.
13 Pero eu, cando eles estaban doentes, vestía roupa de saco,e con xexún aflixía a miña alma,
até que a miña súplica por eles,
érame concedida.
14 Actuaba como se fose o meu compañeiro,
como se fose o meu irmán, actuaba;
como o que chora pola súa nai,
aflixido humillábame.
15 Pero eles alégranse na miña adversidade,e xúntanse contra min con outros que non coñezo,
e non paran de difamarme.
16 Como bufóns impíos nunha festa,
rinchan os seus dentes contra min.
17 Até cando ó Señor, estarás ollando?Libra a miña vida das súas destrucións,
a miña alma sosiña, dos leóns.
18 Eu, diante da grande congregación, dareiche grazas,
louvareite diante dun pobo numeroso.
19 No se alegren de min os que sen causa son os meus inimigos,nen chisquen o ollo os que me odian sen causa.
20 Pois eles non falan de paz,
senón que contra os mansos da terra,
inventan palabras enganosas.
21 Eles abriron a súa boca contra min, decindo:os nosos ollos viran iso.
22 Ó Iahveh, tí tamén o estas a ver: Non cales!
Ó Señor, non estés lonxe de min.
23 Esperta e érguete para a miña defensa,
para a miña causa, meu Deus e meu Señor!
24 Xúlgame conforme á túa xustiza,ó meu Deus Iahveh,
e non se alegren eles á miña conta!
25 Non digan eles: Velaí o que queriamos,
non digan: devorámolo!
26 Sexan devorados e humillados os qeu se alegran do meu mal,
vístanse de vergoña e confusión,
os que se enchen contra min.
27 28 Canten xúbilo e alégrense os que se gozan na miña xustiza, e digan sempre: Engrandecido sexa Iahveh, que se goza na prosperidade do seu servo! A miña lingua falará da túa xustiza, e da túa louvanza, todo o día.