Salmo 34 Salmo de David cando mudou o seu comportamento diante de Abimelec, que po botou e el marchou

1 Louvarei a Iahveh en todo tempo, a súa louvanza estará de seguido na miña boca 2 En Iahveh gloriarase a miña alma,

oirano os mansos e alegraranse.

3 Engrandecede a Iahveh comigo,

e xuntos exaltemos o seu nome.

4 Procurei a Iahveh, e El respondeume,

e libroume de todos os meus medos.

5 Foron iluminados os que a El miraron,

e os seus rostros, nunca serán avergoñados.

6 Este pobre clamou, e Iahveh escoitou,

e librouno de todas as súas congoxas.

7 O anxo de Iahveh acampa arredor dos que o temen e os deféndeos.

8 Probade e ollade que Iahveh é bó.

Feliz o home que se refuxia nel.

9 Temede a Iahveh, vós os seus santos,

pois nada lle falta a aqueles que o temen.

10 Os leóns novos pasan necesidade e teñen fame,

pero os que buscan a Iahveh, non terán falta de ningún ben.

11 Vinde, fillos , escoitade; ensinareivos o temor de Iahveh. 12 Quen é o home que desexa a vida,

que desexa moitos días para ver o ben?

13 Garda a túa lingua do mal

e os teus labios de falar engano.

14 Afástate do mal e fai o ben;

busca a paz e persíguea.

15 Os ollos de Iahveh están sobre os xustos,

e os seus ouvidos atentos ao seu clamor.

16 O rostro de Iahveh está en contra dos que fan o mal,

para cortar a súa memoria da terra.

17 Os xustos claman, e Iahveh escóitaos,

e líbraos de todas as súas aflicións.

18 Iahveh está perto dos quebrantados de corazón,

e salva os de espíritu abatido.

19 Son moitas as aflicións do xusto,

pero Iahveh librarao de todas.

20 El garda todos os seus ósos;

nen un deles será quebrado.

21 A maldade matará o malo;

e os que odian o xusto serán condeados.

22 Iahveh redimirá o alma dos seus servos;

e non serán condeados ningún dos que nel confían.