Salmo 90 Oración de Moisés, varón de Deus.

1 Señor, ti fuches o noso refuxio de xerazón en xerazón.

2 Antes de que os montes foran enxendrados,

e nacesen a terra e o mundo,

desde a eternidade e até a eternidade, ti es Deus.

3 Fas que o home volva ao po,

e dis: voltade, fillos de Adam.

4 Porque mil anos diante dos teus ollos,

son como o día de onte, que pasou,

e como unha da vixías da noite.

5 Arrástralos como nunha inundación,

son como un sono ao amencer,

como a herba que medra:

6 Pola mañá reverdece e aflora,

pola tardiña murcha e seca.

7 Como somos consumidos pola túa ira,

e turbados polo teu furor!

8 Puxeches as nosas iniquidades diante de ti,

as nosas cousas ocultas á luz do teu rostro.

9 Todos os nosos días declinan pola túa ira;

consumimos os nosos anos como un suspiro.

10 Os días dos nosos anos son setenta anos,

e os máis fortes, oitenta anos,

pero todo o seu orgullo é só traballo e pesar,

porque pasa pronto, e voamos.

11 Quen coñece o poder da túa ira e da túa furia,

según o temor que se che debe?

12 Ensínanos a contar os nosos días,

de modo que traiamos sabiduría ao corazón.

13 Volve Iahveh!, até cando?

Ten compasión dos teus servos!

14 Fártanos pronto da túa misericordia,

e cantaremos e alegrarémonos,

todos os nosos días!

15 Alégranos conforme aos días que nos aflixiches,

e os anos nos que vimos males.

16 Maniféstese nos teus servos a túa obra,

e sobre os seus fillos a túa gloria.

17 e a fermosura do Señor, o noso Deus sexa sobre nós; e confirma a obra das nosas mans sobre nós; Si, a obra das nosas mans confirma!