Salmo 89 Maskil de Etán ezraíta

1 Cantarei as misericordias de Iahveh para sempre,

coa miña boca darei a coñecer a túa fidelidade de xerazón en xerazón;

2 Porque dixen: A misericordia será edificada para sempre;

nos ceos establecerás a túa fidelidade.

3 Fixen un pacto co meu escollido,

ao meu servo David xurei decindo:

4 Confirmarei a túa liñaxe para sempre,

e edificarei o teu trono de xerazón en xerazón. (Selah)

5 6 Os ceos confesarán as túas marabillas, ó Iahveh, e tamén a túa fidelidade na congregación dos santos. Porque, que pode compararse a Iahveh nos ceos? quen se asemella a Iahveh entre os seres divinos, 7 Deus terribel no consello dos santos,

temido por todos ao seu arredor?

8 Ó Iahveh Deus dos exércitos,

quen como ti, poderoso Iah?

9 Ti dominas a soberbia do mar;

cando as ondas se levantan, ti acálmalas.

10 Ti quebrantas a Rahab;

dispersaches os teus inimigos con teu brazo forte

11 Os ceos son teus, a terra é túa tamén,

o mundo e todo o que nel hai, fundáchelo ti.

12 O norte e o sul creaches ti,

no teu nome regocíxanse o Tabor e o Hermón.

13 O brazo potente é teu,

forte é a túa man,

a túa destra é exaltada.

14 A xustiza e o dereito son o fundamento do teu trono,

A misericordia e a verdade van diante do teu rostro.

15 Feliz o pobo que coñece o berro jubiloso!

Andarán na luz do teu rostro, ó Iahveh;

16 Todo o día se regocixan no teu nome,

e pola túa xustiza han ser exaltados.

17 Porque ti es a gloria da súa potencia,

e exaltarás o noso poderío pola túa boa vontade.

18 Pois Iahveh é o noso escudo,

e do santo de Israel, o noso rei.

19 No antigo falaches en visión aos teus santos,

e dixeches: Sobre un que é poderoso puxen axuda,

20 Exaltei a un escollido entre o pobo.

Achei a David o meu servo,

unxino co miña unción santa.

21 A miña man estará con el sempre,

o meu brazo tamén fortalecerao.

22 O inimigo non o importunará,

nen o maligno o oprimirá.

23 Porque eu esmagarei os seus adversarios diante del,

e ferirei os que o odian.

24 A miña fidelidade e a miña misericordia estarán con el,

e no meu nome será exaltado o seu poder.

25 Porei a súa man sobre o mar,

e os ríos sobre a súa destra.

26 El clamará a min: Ti es o meu pai!,

o meu Deus e a rocha da miña salvación.

27 Eu tamén fareino o meu primoxénito,

o máis elevado dos reis da terra.

28 Conservarei a miña misericordia con el para sempre,

e o meu pacto con el será firme .

29 Establecerei a súa linaxe para sempre,

e o seu trono como nos días dos ceos.

30 Se os seus fillos se afastan da miña lei,

e non andan nos meus decretos,

31 se violan os meus estatutos,

e non gardan os meus mandamentos,

32 entón visitarei a sua rebelión con vara

e con azoutes a súa iniquidade.

33 Pero non tirarei del a miña misericordia,

nen faltarei á miña fidelidade.

34 Non esquecerei o meu pacto,

nen mudarei o que dos meus labios saíu.

35 Pola miña santidade xurei unha vez,

e non mentirei a David:

36 A súa linaxe será para sempre,

e o seu trono como o sol diante de min.

37 Como a lúa, será establecido para sempre,

testemuña fiel no firmamento. (Selah)

38 Pero agora ti rexeitas o teu servo,

e aborreces o teu unxido,

irácheste con el.

39 Rompiches a alianza co teu servo,

profanaches a súa coroa botándoa por terra.

40 Derrubaches todos os seus valados,

e convertiches as súas fortalezas en ruínas.

41 Todos os que pasan de camiño saquéano,

ven sendo unha afrenta aos seus veciños.

42 Fixeches exaltar a destra dos seus adversarios,

fixeches que todos os seus inimigos se alegren.

43 Retiraches o fío da súa espada,

para que non esté firme na batalla.

44 Fixeches cesar a súa gloria,

e botaches o seu trono por terra.

45 Fixeches que se acorten os días da súa xuventude,

e sexan cubertos de vergoña, (Selah)

46 Até cando, ó Iahveh?

Esconderaste para sempre?

Até cando a túa ira queimará como lume?

47 Lembra o breve que é o meu tempo,

creaches a todos os fillos dos homes en van?

48 Que home vivirá sen ver a morte?

quen poderá librar a súa alma do poder do Seol? (Selah)

49 Ó Señor, u-las túas antigas misericordias,

que na túa fidelidade xuraches a David?

50 Lémbrate, ó Señor, da infamia dos teus servos,

como levo no meu corazón de parte de todos,

o desprezo de todos os pobos!.

51 Lémbrate de que os teus inimigos afrentaron, ó Iahveh,

afrentaron as pegadas do teu unxido.

52 Bendito sexa Iahveh para sempre! Amén, amén.