Salmo 82
Salmo de Asaf
1
Deus ocupa o seu lugar na súa congregación,
El xulga en medio dos xuíces,
2
Até cando xulgaredes sen rectitude?
e favoreceredes aos impíos.
3
Defendede o débil e o orfo;
facede xustiza aos aflitos e desamparados!.
4
Rescatade o débil e o necesitado;
librádeos da man dos impíos!
5
Non saben nen queren entender;
seguen a camiñar en tebras;
tremen todos os cimentos da terra.
6
Eu dixen: Vós sodes deuses,
e todos sodes deuses do altísimo.
7
Porén, como homes morreredes,
e caeredes como un dos príncipes.
8
Érguerte, Ó Deus, xulga a terra!
porque ti es dono de todas as nacións.