Salmo 83
Cántico. Salmo de Asaf
1
Ó Deus non fiques en silencio;
non cales, ó Deus, nen te quedes quieto.
2
Porque, velaí os teus inimigos brúan,
e os que te odian levantan a cabeza.
3
Artellan plans maliciosos contra o teu pobo,
e conspiran contra os teus protexidos.
4
Dixeron: Vinde e destruiámolos para que non sexan nación,
nen haxa máis memoria do nome de Israel.
5
Porque xuntos conspiraron de corazón,
e na túa contra fan alianza:
6
As tendas de Edom e os ismaelitas,
Moab e os agarenos,
7
Gebal, Amón e Amalec,
Filistea cos habitantes de Tiro,
8
Tamén Asiria se xuntou con eles,
serven de brazo aos fillos de Lot. (Selah)
9
Failles como a Madián,
como a Sísara, como a Xabín, no torrente de Cisón,
10
que foron destruídos en Endor,
e viñeron se esterco para a terra.
11
Fai cos seus capitáns como a Oreb e a Zeeb,
e a todos o seus príncipes como a Zeba e Zalmuna,
12
Pois dixeron: Collamos os prados de Deus para nosa posesión.
13
Meu Deus, ponos como remuíño de po,
como rastrollo diante do vento!
14
Como lume que consume a fraga,
como chama que incendia as montañas,
15
persígueos así coa túa tempestade,
e apavóaros co teu tornado.
16
Enche de deshonra os seus rostros,
para que procuren o teu nome, ó Iahveh!
17
Sexan avergoñados e aterrorizados para sempre!
Sexan humillados e perezan,
18
e saiban que só ti, que te chamas Iahveh,
es altísimo sobre toda a terra.