Salmo 81 Para o director de coro; según Gitit. Salmo de Asaf

1 Cantade con gozo a Deus, nosa fortaleza,

aclamade con xúbilo ao Deus e Xacob!

2 Entoade o salmo e batide o pandeiro,

a dulce cítara soará co pandeiro.

3 Soprade o Shofar no novilunio, na lúa chea.

no día da nosa solemnidade.

4 Porque é estatuto para Israel,

ordeanza para o Deus de Xacob.

5 Estableceuno como testemuño en Xosé,

cando saíu da terra de Exipto.

Voz que non coñecera escoitei dicer:

6 Removín o fardo de debaixo do seu ombreiro ,

as súas mans libráronse do peso dos cestos.

7 Na angustia clamaches, e eu rescateite,

respondinte no segredo do trono,

púxente a proba xunto as augas de Meriba

8 Escoita, meu pobo, dareivos advertencia!

Ó Israel, se me escoitaras!

9 Non teñas en ti deus estrano, nen adores deus estranxeiro

10 Eu, Iahveh, son o teu Deus,

que te saquei da terra de Exipto;

abre ben a túa boca e enchereina.

11 Pero o meu pobo non ouviu a miña voz;

Israel non quixo nada de min,

12 por iso os entreguei á dureza do seu corazón,

para que andivesen nas súas propias teimas.

13 Ó se o meu pobo me ouvise,

e Israel andivera nos meus camiños!

14 Nun intre eu subxugaría os seus inimigos,

e volvería a miña man contra os adversarios.

15 Os que aborrecen a Iahveh diríanlle lisonxas servís,

pero o seu sometimento houbese sido para sempre.

16 Pero eu alimentaríate co mellor do trigo,

e saciado co mel da peña.