Salmo 78 Maskil de Asaf.

1 Escoita, ó pobo meu, a miña lei!

Inclinade o voso ouvido ás palabras da miña boca.

2 Abrirei a miña boca en parábolas;

falarei proverbios de tempos antigos.

3 O que ouvimos e entendimos,

e que nos contaron os nosos pais.

4 Non llo ocultaremos aos nosos fillos,

senón que á vindeira xerazón lle contaremos as louvanzas do Señor.

5 Porque el estableceu un testemuño en Xacob,

e en Israel puxo lei,

e aos nosos pais ordenou,

que aos seus fillos lla fixeran saber.

6 Para que a xerazón vindeira o soubera,

aínda os fillos que haberían de nacer;

e estes se levantaran e aos seus fillos llo contaran.

7 Para que puxeran a súa confianza en Deus,

e non se esqueceran das obras de Deus,

senón que gardaran as súas ordenanzas,

8 e non foran como os seus pais,

xerazón teimosa e rebelde,

xerazón que non preparou o seu corazón,

nen o seu espírito foi fiel para con Deus.

9 Os fillos de Efraín armados con arcos,

pero o día da batalla volveron as costas;

10 non gardaron o pacto de Deus,

e recusaron andar na súa lei;

11 Esqueceron as súas obras,

e as milagres que lles tiña mostrado.

12 El fixo marabillas diante dos seus pais,

na terra de Exipto, no campo de Zoán;

13 O mar dividiu e fíxoos pasar,

como nunha morea detivo as augas;

14 Guiábaos de día con nube,

coa luz do lume na noite.

15 Fendeu as rochas do deserto,

e deulles a beber en abundancia,

16 da pedra fixo brotar auga,

e descender as augas como ríos.

17 Pero eles pecaron contra el,

rebeláronse contra o Altísimo no deserto,

18 e nos seus corazóns tentaron a Deus,

pedindo comida do seu gusto.

19 Falaron en contra de Deus dicindo:

poderá Deus, preparar mesa no deserto?

20 Velaí, feriu a rocha e brotaron augas e ribeiros rebordaron,

pero poderá dar pan, ou proverá carne para o pobo?

21 Ouviu Iahveh e encheuse de ira:

Acendeu un lume contra Xacob,

e a ira subiu contra Israel,

22 porque non creron en Deus,

nen confiaron na súa salvación.

23 Porén ordenou as nubes desde arriba,

e abriu as portas dos ceos,

24 fixo chover sobre eles maná para comer,

e deulles pan do ceo.

25 Pan de poderosos comeu o home,

e enviolles provisión até os fartar.

26 Fixo soprar vento do leste nos ceos,

e co seu poder dirixiu o vento do sul,

27 fixo chover sobre eles carne como po;

e aves que voan como area do mar,

28 fíxoas caer no medio do campamento,

arredor das súas tendas.

29 Comeron e fartáronse;

cumpriulles así o seu desexo.

30 Pero non se lle foran gañas;

e aínda coa comida na súa boca,

31 cando a ira de Deus veu sobre eles,

que fixo morrer os máis afoutos deles,

e fixo axeonllar o escollido de Israel.

32 Con todo, seguiron pecando,

e non acreditaron nos seus feitos marabillosos.

33 Por tanto, consumiu o seus días en vaidade,

e os seus anos en disgustos.

34 Cando os fería de morte, entón buscábano,

e volvíanse e buscaban con dilixencia a Deus.

35 Lembrábanse de que Deus era a súa rocha,

e o Altísimo o seu redentor.

36 Gabábano coa súa boca,

pero coa súa lingua mentían.

37 Pois o seus corazóns non eran rectos con el.

nen eran fieis ao seu pacto.

38 Pero el, na súa misericordia, expiaba a súa maldade e non os destruía. Contivo a súa ira moitas veces, e non espertou de cheo o seu furor. 39 Lembrouse de que eran carne,

un sopro que vai e non retorna.

40 Cantas veces o provocaron no deserto,

e o entristeceron na soedade.

41 Tentárono de seguido,

ofenderon o Santo de Israel.

42 Esqueceron o seu poder,

o día que os redimiu do inimigo,

43 cando obrou os seus sinais en Exipto,

e os seus prodixios na terra de Zoán.

44 Transformou os seus ríos en sangue,

para que non puidesen beber das súas correntes.

45 Enviou enxames de moscas que os devoraban,

e a rás, que os destruían.

46 Entregou as súas colleitas ás larvas,

e o froito do seu traballo ao saltón.

47 Destruíu as súas vides con saraiba,

e as súas figueiras con escarcha.

48 Entregou o seu gando á pedra,

e os seus rebaños aos raios.

49 Enviou sobre eles o ardor da súa ira,

furia, indignación e angustia,

un exército de anxos destrutores.

50 Preparou camiño para a súa ira,

non desobrigou as súas almas da morte,

senón que entregou as súas vidas á praga,

51 e feriu a todos os primoxénitos de Exipto,

as primicias da súa forza nas tendas de Cam.

52 Pero sacou o seu pobo como a ovellas,

e guiounos polo deserto como un rebaño.

53 Conduciunos con seguridade, e non tiveron medo,

cando o mar cubría os seus inimigos

54 Levounos até as fronteiras da súa terra santa,

ao monte que a súa destra adquirira.

55 Botou ás nacións de diante deles,

repartiu con medida a súas terras en herdanza, e fixo habitar nas súas tendas ás tribus de Israel.

56 Aínda así, eles tentaron e provocaron ao Altísimo,

e non gardaron os seus testemuños;

57 volvéronse para atrás, e foron infieis como os seus pais,

desviáronse como arco torto.

58 Irritárono cos seus lugares altos,

e provocárono a ciumes coas súas imaxes de talla.

59 Ouviuno o Altísimo e indignouse,

e aborreceu en grande maneira a Israel.

60 Polo que abandonou o tabernáculo en Silo,

a tenda na que habitaba entre os homes.

61 E entregou o seu poderío ao cautiverio,

e a súa gloria na man do inimigo.

62 Tamén entregou o seu pobo á espada,

e indignouse contra a súa herdanza.

63 O lume devorou aos seus xovens,

e a súas xovens non tiveron cánticos nupciais.

64 Os seus sacerdotes caeron á espada,

e as súas viuvas non puideron chorar.

65 Pero de súpeto, como quen durme,

como un valente que se recupera do viño,

espertou o Señor.

66 E feriu aos seus inimigos polas costas,

poñendo sobre eles vergoña eterna.

67 Rexeitou tamén a tenda de Xosé,

e a tribu de Efraín non elexiu,

68 senón que escolleu a tribu de Xudá,

e o monte de Sión que el amaba.

69 Construíu nas alturas o seu santuario,

como a terra que fundara para sempre.

70 Escolleu tamén a David, o seu servo,

tomouno da choupana do rebaño,

71 e trouxoo de detrás das ovellas,

para alindar a Xacob, o seu pobo,

e a Israel, a súa herdanza.

72 E el pastoreounos según a integridade do seu corazón,

e guiounos coa destreza das súas mans.