Salmo 139 Para o director do coro. Salmo de David.

1 Ó Iahveh, ti examináchesme e coñecíchesme.

2 Ti coñeces o meu sentar e o meu levantar,

de lonxe coñeces os meus pensamentos;

3 Examinas o meu sendeiro e o meu repouso,

e todos os meus camiños che son coñecidos,

4 porque aínda non está a palabra na miña lingua,

e velaí, ó Iahveh, tí sábela toda.

5 Cercáchesme por tras e por diante,

e puxeches a túa man sobre min.

6 Tal coñecemento é moi marabilloso para min,

é moi alto, non podo alcanzalo.

7 Para onde irei lonxe do teu Espírito?

Para onde fuxirei da túa presenza?

8 Se subo aos ceos, ti estás alí;

e se no Seol preparo a miña cama, ti estás alí.

9 Se tomara as ás da mañá,

e habitara no límite dos mares,

10 aínda alí alcanzarame a túa man,

e me sosterá a túa destra.

11 Se digo: Encúbranme as tebras,

e que a luz ao arredor de min se faga como noite!

12 Tampouco a oscuridade é oscura para ti,

a noite resplandece como o día,

son che o mesmo as tebras que a luz!

13 Ti formaches os meus rins,

tecícheme no ventre da miña nai.

14 Louvareite, porque asombrosa e maravillosamente fun formado.

As túas obras son marabillosas,

e a miña alma sábeo moi ben.

15 Os meus ósos non estiveron escondidos para ti,

aínda que fun formado no oculto,

e tecido no máis profundo da terra.

16 Os teus ollos viron o meu embrión,

todos os meus días foron moldeados,

e escribíronse no teu libro,

cando non existía ningún deles.

17 Ó Deus, que fermosos son para min os teus pensamentos!

A suma deles é inmensa!

18 Se os enumero, multiplícanse máis que a area.

Esperto e aínda estou contigo.

19 Ó Deus, se fixeras morrer o impío,

e os sanguinariosse alonxaran de min!

20 Que falan contra ti perversamente,

que toman o teu nome en van.

21 Ó Iahveh, non odio os que te aborrecen?

Non me repugnan os que se levantan contra ti?

22 Aborrezoos con grande aborrecemento,

e téñoos por inimigos!

23 Examíname, ó Elohim, e coñece o meu corazón,

próbame, e coñece os meus pensamentos.

24 E ve se hai en min camiño de perversidade,

e guíame no camiño eterno.