Salmo 140 Para o director do coro. Salmo de David.

1 Líbrame, ó Iahveh, do malvado,

e gárdame do violento!

2 Os que planean males no seu corazón,

e cada día provocan conflitos.

3 Aguzan a súa lingua como a serpe,

veleno de víbora hai debaixo dos seus lábios. Selah

4 Ó Iahveh, deféndeme da man perversa,

gárdame dos homes violentos,

que fan plans de trastornar os meus pasos.

5 Soberbos que me esconden artimaña,

que me estenden lazada,

xunto ao carreiro puxeron a trampa. Selah

6 Digo a Iahveh: Ti es o meu Deus,

oe, ó Iahveh, a voz das miñas súpricas.

7 Ó Iahveh Adonai, fortaleza da miña salvación,

que cubres a miña cabeza,

o día das armas.

8 Non concedas, ó Iahveh, os desexos do impío,

Non pemitas que os seus plans saian adiante, e non se exalten. Selah

9 Todos os que me rodean por todas partes,

a malicia dos seus propios labios,

ha cubrir as súas cabezas.

10 Brasas ardentes caerán sobre eles:

serán botados ao lume en abismos fondos,

de onde nunca máis se erguerán.

11 O home de mala lingua,

non ficará na terra,

e o mal perseguirá ao varón violento.

12 Eu sei que Iahveh sosterá a causa do aflixido,

e o dereito dos pobres.

13 De certo que os xustos darán grazas ao teu nome,

os rectos morarán na túa presenza.