1
Ó Iahveh, douche as grazas con todo o meu corazón,
ante o rostro de Elohim
entoarei salmos para ti.
e darei grazas ao teu nome,
pola túa misericordia e a túa fidelidade,
porque engrandeciches a túa palabra,
conforme ao teu nome.
fixéchesme valente con afouteza na miña alma.
cando teñan ouvido os ditos da súa boca.
Grande é a gloria de Iahveh!
atende o humilde.
Pero ao soberbo recoñéceo de lonxe.
ti vivificarasme;
extenderás a túa man contra a ira dos meus inimigos,
e salvarame a túa destra.
Ó Iahveh a túa misericordia é eterna,
non abandoes as obras das túas mans.