Salmo 137

1 Xunto aos ríos de Babilonia,

sentábamonos e chorábamos,

lembrándonos de Sion.

2 Nos salgueiros, no medio dela,

pendurábamos as nosas harpas

3 Pois alá, os que nos levaran de escravos pedíannos cantigas,

e os que nos aflixían pedíannos alegría, decindo:

4 Cantádenos algunha das cantigas de Sion.

Como cantaremos cantigas de Iahveh en terra estranxeira?

5 Se me esquezo de ti, ó Xerusalém,

que a miña destra perda a súa forza.

6 Que a miña lingua prenda no padal da miña boca,

se non me lembro de ti;

se non elevo a Xerusalém por riba do meu maior gozo.

7 Ó Iahveh, axusta as contas cos fillos de Edom, polo día de Xerusalém, cando dixeron: arrasádea, arrasádea até os alicerces. 8 Ó destrutiva filla de Babilonia,

Feliz o que poida pagarlle o mal que nos fixo!

9 Feliz o que agarre aos teus fillos

e os esnaquice contra a rocha.