Salmo 136

1 Louvade a Iahveh. porque el é bo,

porque a súa misericordia é para sempre.

2 Louvade ao Deus dos deuses,

porque a súa misericordia é para sempre.

3 Louvade ao señor de señores,

porque a súa misericordia é para sempre.

4 Ao único que fai grandes marabillas,

porque a súa misericordia é para sempre.

5 Ao que fixo os ceos con sabedoría,

porque a súa misericordia é para sempre.

6 Ao que extendeu a terra sobre as augas,

porque a súa misericordia é para sempre.

7 Ao que fixo as grandes lumieiras,

porque a súa misericordia é para sempre.

8 O sol par que domine de día,

porque a súa misericordia é para sempre.

9 Lúa e as estrelas para que dominen de noite,

porque a súa misericordia é para sempre.

10 Ao que feriu a Exipto nos seus primoxénitos

porque a súa misericordia é para sempre.

11 O que sacou a Israel de en medio deles,

porque a súa misericordia é para sempre.

12 Con man forte e con brazo extendido,

porque a súa misericordia é para sempre.

13 Ao que dividiu en partes o mar Vermello,

porque a súa misericordia é para sempre.

14 E fixo a Israel pasar polo medio,

porque a súa misericordia é para sempre.

15 E botou a Faraón e o seu exército no mar Vermello,

porque a súa misericordia é para sempre.

16 Ao que conduciu ao seu pobo polo deserto,

porque a súa misericordia é para sempre.

17 Ao que feriu a grandes reis,

porque a súa misericordia é para sempre.

18 E matou a reis poderosos,

porque a súa misericordia é para sempre.

19 A Sehón rei dos amorreos,

porque a súa misericordia é para sempre,

20 e a Og, rei de Basán,

porque a súa misericordia é para sempre;

21 e deu a terra deles en herdanza,

porque a súa misericordia é para sempre,

22 en herdanza a Israel o seu servo,

porque a súa misericordia é para sempre.

23 Quen se lembrou de nós na nosa humillación,

porque a súa misericordia é para sempre,

24 e rescatonos dos nosos inimigos,

porque a súa misericordia é para sempre.

25 O que dá alimento a todo ser vivinte,

porque a súa misericordia é para sempre.

26 Dade grazas ao Deus dos ceos,

porque a súa misericordia é para sempre!