Salmo 120 Cántico de ascenso gradual.

1 Clamei a Iahveh na miña angustia,

e el respondeume.

2 Ó Iahveh, libra a miña alma dos labios mentireiros,

e da lingua enganosa.

3 Que se che dará, ou que che ha aproveitar,

ó lingua enganosa?

4 Frechas agudas do valente,

forxadas con brasas de xenebreiro.

5 Ai de min, que esto desterrado en Mesec,

e habito nas tendas de Cedar!

6 A miña alma morou moito tempo

cos que odian a paz.

7 Eu amo a paz, e se falo,

eles están pola guerra.