1
Ao pasar Xesús, viu un home que nacera cego.
2
Os seus discípulos preguntáronlle, dicindo: Rabí, quen pecou, este ou os seus pais, para que nacera cego?
3
Xesús respondeu: Nen este pecou nen os seus pais; senón que está cego para que as obras de Deus se manifesten nel.
4
Nós debemos facer as obras do que me enviou, mentres é de día; ven a noite cando ninguén pode traballar.
5
Mentres estou no mundo, eu son a luz do mundo.
6
Logo de dicir isto, cuspiu en terra e fixo lama co cuspe e untoulle os ollos coa lama,
7
e díxolle: Vaite lavar no tanque de Siloé ( que significa, Enviado). El foi e lavouse, e voltou vendo.
8
Entón os veciños e os que antes viran que era un mendigo, dicían: Non era este o que se sentaba e mendigaba? Uns dicían: El é; e
9
outros dicían: Non, pero parécese a el. El dicía: Son eu
10
Entón dicíanlle: como che abriron os ollos?
11
El respondeu: O home que se chama Xesús fixo lama, untouna nos meus ollos e díxome: Vai ao Siloé e lávate. Así fun, laveime e recibín a vista.
12
E dixéronlle: Onde está el. El dixo: Non o sei.
13
Levaron ante os fariseos o que fora cego.
14
E era día de repouso o día en que Xesús fixo a lama e lle abriu os ollos.
15
Entón os fariseos volvéronlle preguntar como recebera a vista. El díxolles: Púxome lama nos ollos, laveime e vexo.
16
Por iso algúns dos fariseos dicían: Este home non vén de Deus porque non garda o día de repouso. Pero outros dicían: Como pode un home pecador facer estes sinais? E había división entre eles.
17
Entón dixeron outra vez ao cego: Que dis ti del, pois abriuche os ollos? El dixo: É un profeta.
18
Entón os xudeus non creron que fora cego, e que recibira a vista, ata que chamaron os seus pais do que recebera a vista.
19
e preguntáronlle dicindo: É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Como é que agora ve?
20
Os seus pais respondéronlles e dixeron: Sabemos que este é o noso fillo e naceu cego;
21
pero como é que agora ve, non o sabemos; ou quen lle abriu os ollos, non o sabemos. Preguntádelle a el; idade ten dabondo e falará por si mesmo.
22
Os seus pais dixeron isto porque tiñan medo aos xudeus, porque os xudeus xa acordaran que se algún confesaba que Xesús era o Cristo, fose expulsado da sinagoga.
23
Por iso os pais dixeron: Idade ten, preguntádelle a el.
24
Por segunda vez chamaron ao home fora cego e dixéronlle: Da gloria a Deus; nós sabemos que este home é un pecador.
25
Entón el contestoulles: Se é pecador, non o sei; unha cousa sei: que eu era cego e agora vexo.
26
Dixéronlle: Que che fixo? Como che abriu os ollos?
27
El contestoulles: Xa volo dixen e non ouvistes. Por que queredes ouvilo outra vez? E que tamén vós queredes ser dos seus discípulos?
28
Entón insultárono e dixéronlle: Ti es dicípulo dese home; pero nós somos discípulos de Moisés.
29
Nós sabemos que Deus falou a Moisés, pero sobre este, non sabemos de onde é.
28
Entón insultárono e dixéronlle: Ti es dicípulo dese home; pero nós somos discípulos de Moisés.
29
Nós sabemos que Deus falou a Moisés, pero sobre este, non sabemos de onde é.
30
Respondeu o home e díxolles: Pois nisto hai algo portentoso: que vós non saibades de onde é, e porén, abriume os ollos.
31
Sabemos que Deus non hoube os pecadores; pero se alguén teme a Deus e fai a súa vontade, a este ouve.
32
Dende o principio da creación nunca se ouvira dicir que alguén abrira os ollos a un cego de nacemento.
33
Se este non viñera de Deus, nada podería facer.
34
Respondendo eles dixéronlle: Naciches todo ti en pecados, e ti nos ensinas, a nós? E botárono fora.
35
Ouviu Xesús que o botaran fora, e topándoo, díxolle: Cres ti no Fillo do Home?
36
Respondeulle e dixo: E quen é, Señor, para que eu crea nel?
37
Díxolle Xesús: Pois ti víchelo, e o que está a falar contigo, ese é.
38
Entón el dixo: Creo, Señor. E adorouno.
39
E dixo Xesús: Eu viñen a este mundo para xuízo, para os que non ven, vexan, e para os que ven, ceguen.
40
Algúns dos fariseos que estaban con el ouviron isto e dixéronlle: E logo, nós tamén somos cegos?
41
Díxolles Xesús: Se fórades cegos non teríades pecado; pero porque dicides " Vemos", o voso pecado permanece.