1
Pero Xesús foise ao monte das oliveiras.
2
E ao amencer veu outra vez ao templo, e todo o pobo viña a El; e sentándose ensináballes.
3
Os escribas e os fariseos trouxeron unha muller sorprendida en adulterio,
4
e poñéndoa no medio, dixéronlle: Mestre, esta muller foi sorprendida no mesmo acto do adulterio.
5
E na lei, Moisés ordenounos apedrear a esta clase de mulleres; ti que dis?
6
Dicían isto para ter de que o acusar. Pero Xesús inclinouse e escrebía co seu dedo na terra
7
Pero como insistían en lle preguntar, Xesús endereitouse e díxolles: O que de vós estea sen pecado, sexa o primeiro en lle lanzar unha pedra.
8
E inclinándose de novo escrebía en terra.
9
Eles ao ouvir isto, foron marchando un a un, comezando polos de maior idade, e deixando só a Xesús e a muller que estaba no medio.
10
Endereitándose díxolle Xesús: Muller, onde están eles? Ningún te condenou?
11
Ela respondeu: Ningún Señor. Díxolle Xesús: eu tampouco te condeno. Vaite; dende agora non peques máis.
12
Xesús faloulles outra vez decindo: Eu son a luz do mundo; o que me segue non andará en tebras, senón que terá a luz da vida.
13
Entón os fariseos dixéronlle: Ti testemuñas de ti mesmo; o teu testemuño non é verdadeiro.
14
Respondeu Xesús e díxolles: Aínda que dou testemuño de min mesmo o meu testemuño é verdadeiro, porque eu sei donde viñen e onde vou; pero vós non sabedes donde veño nen para onde vou.
15
Vós xulgades segundo a carne; eu non julgo a ninguén.
16
Pero se eu xulgo o meu xuizo é verdadeiro, porque non son eu só, senón eu e o Pai que me enviou.
17
Aínda que na vosa lei está escrito que o testemuño de dúas persoas é verdadeiro.
18
Eu son o que da testemuño de min mesmo, e o Pai que me enviou testemuña de min.
19
Entón dicíanlle: Onde está teu Pai?Xesús respondeu: Non me coñecedes nen a min nen ao meu Pai. Se me coñecérades a min, tamén coñeceríades o meu Pai.
20
Estas palabras pronuncionas no lugar do tesouro, cando ensinaba no templo; e ninguén o prendeu, porque aínda non chegara a súa hora.
21
Entón díxolles de novo: Eu voume, e buscarédesme, e morreredes no voso pecado; para onde eu vou, vós non podedes vir.
22
Por iso os xudeus dicían: Acaso vaise suicidar, pois di " Onde eu vou, vós non podedes vir?
23
E Xesús dicíalles: Vós sodes de baixo, eu son de riba; vós sodes deste mundo, eu non son deste mundo.
24
Por iso vos dixen que morredes nos vosos pecados.; porque se non credes que eu son, morreredes nos vosos pecados.
25
Entón dicíanlle: Ti quen es? Xesús díxolles: Que vos estiven dicindo dende o principio?.
26
Teño moito que dicir e xulgar de vós, pero o que me enviou é verdadeiro; e eu, as cousas que ouvín del, esas falo ao mundo.
27
Non comprenderon que lles falaba do Pai.
28
Por iso Xesús dixo: Cando levantedes o Fillo do Home, entón saberedes que eu son e que non fago nada pola miña conta, senón que falo estas cousas, como o Pai me ensinou.
29
E El que me enviou está comigo; non me deixou so, porque eu sempre fago o que lle agrada.
30
Ao falar estas cousas, moitos creron nel.
31
Entón dicía Xesús aos xudeus que creran nel: Se vós permanecedes na miña palabra, en verdade sodes os meus dicípulos;
32
e coñeceredes a verdade, e a verdade vos libertará.
33
Eles contestáronlle: Somos descendentes de Abraham e nunca fomos escravos de ninguén. Como dis ti: Seredes libres?.
34
Respondeulles Xesús: En verdade, en verdade vos digo que todo o que comete pecado é escravo do pecado,
35
e o escravo non fica na casa para sempre.
36
Por tanto, se o Fillo vos fai libres, seredes realmente libres.
37
Xa sei que sodes descendentes de Abraham, porén procurades matarme porque a miña palabra non pode morar en vós.
38
Eu falo do que vin co meu Pai; vós, facedes tamén, do que ouvistes co voso pai.
39
Eles contestáronlle e dixéronlle: Abraham é o noso pai. Xesús díxolles: Se sodes fillos de Abraham, facede as obras de Abraham.
40
Pero agora procurades matarme, a min que vos dixen a verdade que ouvín de Deus. Abraham non fixo isto.
41
Vós facedes as obras do voso pai. Eles dixéronlle: Nós non nacimos de fornicación; temos un Pai que é Deus.
42
Xesús díxolles: Se Deus fose o voso Pai, amaríadesme, porque eu saín de Deus e viñen del, pois non viñen pola miña conta, senón que El me enviou.
43
Por que non entendedes o que digo? Porque non podedes ouvir a miña palabra.
44
Sodes do voso pai o demo e queredes facer o que o voso pai desexa. El dende o comezo foi un homicida, e non permaneceu na verdade porque non hai verdade nel. Cando fala mentira, fala da súa propia natureza, porque é mentireiro e pai da mentira.
45
Pero porque eu digo a verdade, non credes en min.
46
Quen de vós proba en min que teño pecado? E se digo a verdade, porque vós non credes en min?
47
O que é de Deus ouve as palabras de Deus; por iso vós non ouvides, porque non sodes de Deus.
48
Contestaron os xudeus e dixéronlle: Non dicimos con razón que ti es samaritano e tes un demo?
49
Xesús respondeu: eu non teño ningún demo, senón que honro o meu pai, e vós deshonrádesme a min.
50
Pero eu non busco a miña gloria; hai Un que a busca e xulga.
51
En verdade, en verdade vos digo que se algún garda a miña palabra, xamais verá a morte.
52
Os xudeus dixéronlle: Agora estamos certos en que tes un demo. Abraham morreu, e tamén os profetas, e ti dis: "Se algún garda a miña palabra xamais probará a morte".
53
Acaso es ti maior que o noso pai Abraham que morreu? Os profetas tamén morreron; Quen tes cres ser?
54
Xesús respondeu: Se eu me glorifico a min mesmo, a miña gloria non é nada; O meu Pai é o que me glorifica, de quen vós dicides: " El é o noso Deus".
55
E vós non o coñecestes, pero eu coñézoo; e se digo que non o coñezo serei un mentireiro como vós; porén si o coñezo e gardo a súa palabra.
56
O voso pai Abraham, encheuse de alegría agardando ver o meu día; e viuno e alegrouse.
57
Por isto os xudeous dixéronlle: Aínda non tes cincuenta anos, e xa viches a Abraham?.
58
Xesús díxolles: En verdade, en verdade vos digo: Antes que nacese Abraham, eu son.
59
Entón colleron pedras para llas lanzar a el, pero Xesús escondeuse e saiu do templo.